Site icon Crónica3.com A Mariña

Asuntos Sociais de Cervo programa excursións para xubilados e pensionistas a Silleda e Santiago

CERVO .- A Concellería de Asuntos Sociais de Cervo programa dúas excursión para xubilados e pensionistas a Silleda e Santiago. As persoas interesadas deberán ser ser pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez ou viuvez, poder valerse por si mesmo e estar empadroado no Concello de Cervo.

Nota de Prensa

O Concello tamén está a ultimar os actos do XXVII edición do Día do Xubilado

A CONCELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS ORGANIZA PARA OS PENSIONISTAS DO CONCELLO EXCURSIÓNS A SANTIAGO E Á SEMANA VERDE DE GALICIA

* Os maiores interesados en participar deberán formalizar a súa inscripción na Casa da Cultura de San Ciprián

Cervo, 9 de marzo de 2010.- A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Cervo, Pilar Armada Carrete, ven de anunciar a celebración nos vindeiros meses de dúas excursións para os xubilados e pensionistas do termo municipal.

A primeira destas viaxes organizadas dende o Concello de Cervo será  a Santiago de Compostela có gallo da celebración do ano xacobeo e terá lugar o 25 de abril; mentres que a outras excusión realizarase o 13 de xuño a Silleda para asistir á Semana Verde de Galicia.

As persoas que desexen participar nestas viaxes deberán cumprir os seguintes requisitos:

* Ser pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez ou viuvez.
* Poder valerse por si mesmo.
* Estar empadroado no Concello de Cervo.

Os prezos das excursións é o seguinte:

* 20 euros para a viaxe a Santiago (no prezo inclúese o desprazamento e a comida en Santiago)
* 10 euros para a viaxe a Silleda (o prezo inclúe o desprazamento e a entrada ao recinto feiral)

As persoas interesadas en participar nalgunha destas viaxes deberá formalizar a súa inscrición nas oficinas municipais da Casa da Cultura de San Ciprián mediante o pago das cantidades correspondentes (segundo cada excursión). Os prazos para elo son os seguintes:

* Viaxe a Santiago: Do 1 ao 15 de abril
* Viaxe a Silleda: Todo o mes de maio

Día do Xubilado

Por outra banda, Pilar Armada tamén adiantou que o Concello de Cervo está  tamén a traballar na organización da XXVII edición do Día do Xubilado do Concello de Cervo.  Esta tradicional cita dos maiores do municipio terá lugar coma tódolos anos, o día 1 de maio. Os actos previstos ata o momento consistirán nunha misa cantada no pavillón municipal da Veiga e posteriormente un xantar-baile no restaurante O Val do Naseiro de Viveiro.

Así  mesmo, nas semanas previas e esta celebración organizaranse distintas actividades para os maiores do concello. Estas actividades consistirán en campionatos de tute e parchís que se desenvolverán na Casa da Cultura de San Ciprián. O PRAZO de inscrición  para PARTICIPAR  nestes campionatos e no día do Xubilado darase a coñecer en breve.

Exit mobile version