Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre a subida do iva

Hai uns días o Goberno aprobou no Parlamento a subida do imposto do IVE. Para conseguir aprobar a subida recibe o apoio do PNV e de Coalición Canaria.

Eu non sei cales foron as contrapartidas que o PNV e CC recibiron a cambio do seu apoio. Pero en todo caso, estou seguro, que as contrapartidas que demandaron so afectan aos vascos e aos canarios, mentres que o IVE repercútenos a tódolos españois.

É certo que a política de axudas aos parados, axudas sociais aos mais necesitados, axudas aos empresarios, etc, necesita forzosamente verse compensada cunha maior recadación e unha mellor xestión dos recursos.

Pero o que non é de recibo é que este aumento da recadación se faga so a través do IVE, un imposto que nos afecta a todos por igual, tanto aos ricos como aos máis necesitados.

Neste sentido é moi significativo que o Goberno non pactase a subida do IVE con Esquerda Unida, xa que esta condicionaba o seu apoio a que tamén se modificasen o imposto de patrimonio e o de transmisións patrimoniais.

O Goberno unha vez mais acode a subir os impostos indirectos en vez de subir os impostos directos (renda, patrimonio, etc) que gravan máis a quen máis ten e máis gaña.

Unha vez máis o goberno socialista fai caer o esforzo das medidas para saír da crise sobre todos por igual. O que é moito mais prexudicial para os traballadores, parados e os máis desfavorecidos.

Que crase de socialismo practica este Goberno. Si Pablo Iglesias levantase a cabeza non recoñecería o seu partido.

Exit mobile version