Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP a política turística da Deputación limítase a plans de promoción por comarcas e a edición de vídeos

NOTA DE PRENSA

O GPPP detecta unha total ausencia de éxitos na política turística da Deputación

Lugo, a 3 de marzo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular considera que as actuacións da Deputación de Lugo encamiñadas á promoción turística na provincia “está a brilar pola inexistencia de éxitos”.

O voceiro adxunto dos populares na corporación provincial José María González Barcia acusa ó bipartito provincial e nomeadamente á responsable da área de turismo María José Vega Buján de dilapidar a herdanza recibida do anterior goberno da Deputación neste eido de actuación.

Barcia achácalle a Vega Buján un “total desinterés” por promocionar a Lugo como destino turístico e acusaa de non colaborar cos consorcios turísticos que están a funcionar, ó tempo que menciona, “como última mostra”, a súa ausencia na constitución do patronato de turismo provincial e a poterior crítica á posta en marcha da iniciativa.

“A Deputación permanece allea e moi distante con cantas iniciativas se plantexan dende estes ámbitos e limítase a contadas colaboracións puntuais, que fundamentalmente se concentran na zona da Ribeira Sacra. O resto da provincia non existe para a Sra. Vega”, explicou.

González Barcia suliña que a área de Turismo provincial está “cada día” a sumar “deméritos”, dado que a súa actuación “limítase” á edición de varios videos promocionais e á presentación duns plans de promoción por comarcas, cuxas medidas concretas seguen a ser unha incógnita e dos que, consecuentemente, non se coñecen ningún resultado.

Exit mobile version