Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou a liga de bolos e o sábado celebrase a VII Copa Concello de Xove

XOVE .- Coa trirada  de Sumoas rematou a liga de bolos de Xove na que finalmente Ginés Rodríguez Casabella foi o gañador senior,  Jose Vigo Lage da liga sub 18 e  Carmen Roca Corral quedou campiona da liga feminina.  Inda que a liga Regular rematou en Sumoas, a temporada non acabou, xa que o vindeiro sábado 27 de marzo, a partires das 1tres e meida da tarde, no Centro Social de Vilachá, terá lugar a VII Copa de bolos Concello de Xove.

Nota de Prensa

INCIDENCIAS DA 18ª TIRADA

CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (19 DE MARZO)

Tarde ventosa, campo en bó estado e récord de participación da temporada con con 42 inscritos: 11 na Liga Feminina, 6 na Liga Sub 18 e 25 na Liga Senior.

Liga Senior.-  Primeira victoria de Felipe Manuel Riveiro Carballo que non mudou nada, xa que os tres primeiros postos permaneceron igual que a pasada semana; Carlos Javier Rodríguez tentou dar a sorpresa co fin de pasarlla a César Cancelos, pero pese a que fixo unha excelente tirada e sumou oito puntos, non lle foi suficiente para acadar un posto no podium, que como era previsible conservou César Cancelos. Para mellor bolada houbo que desfacer un triple empate entre Augusto Albo, José Manuel Cociña e  Felipe Riveiro, os tres con 75 tantos; o desempate foi a unha bolada, sendo Augusto Albo quen finalmente conseguiu o trofeo Autoescuela Mundial á mellor bolada.

POSTO IMPORTE DO PREMIO
Campión – GINÉS RODRÍGUEZ CASABELLA – Trofeo Autoescuela Mundial 200,00 €
Subcampión – JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ – Tro. Auot. Mundial 150,00 €
Terceiro – CÉSAR CANCELOS LÓPEZ – Trofeo Autoescuela Mundial 100,00 €
Cuarto – CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA -Trofeo 75,00 €
Quinto – MOISÉS RODRÚGEZ CASABELLA – Trofeo 75,00 €
Sexto – LUIS RANCAÑO BOUSO – Trofeo 75,00 €
Sétimo – AUGOSTO ALBO OCAMPO – Trofeo 75,00 €
Oitavo – JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA – Trofeo 75,00 €
Noveno – JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO – Trofeo 50,00 €
Décimo – ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ – Trofeo 50,00 €
Décimo primeiro – MODESTO ALBO VIDAL – Trofeo 50,00 €
Duodécimo – MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ – Trofeo 50,00 €
Décimo terceiro – FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ – Trofeo 30,00 €
Décimo cuarto – JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ – Trofeo 30,00 €
Décimo quinto – JORDI MEITÍN SERANTES – Trofeo 30,00 €
Mellor bolada – AUGUSTO ALBO OCAMPO -Trofeo Áutoescuela Mundial 50,00 €

Liga Sub 18.- A victoria de Cristian Rodríguez nesta tirada non decidiu nada, só para redondear a súa excelente temporada. Tampouco houbo sorpresas para praza que inda quedaba por disputar, conseguindo Óscar Meitín, polos pelos, manter a terceira posición final, xa que quedou empatado a puntos con Andrés Rodríguez, quen finalmente foi cuarto. O campión Jose Vigo, tamén conseguiu a mellor bolada e Trofeo Autoescuela Mundial gracias aos 69 tantos conseguidos o pasado sábado 13 de marzo en Vilachá.

POSTO IMPORTE DO PREMIO
Campión – JOSE VIGO LAGE – Trofeo Autoescuela Mundial 90,00 €
Subcampión – CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO – Trofeo Autoes. Mundial 75,00 €
Terceiro – ÓSCAR PÉREZ MEITÍN – Trofeo Autoescuela Mundial 50,00 €
Cuarto – ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS -Trofeo 30,00 €
Quinto – ALEX MEITÍN SERANTES – Trofeo 30,00 €
Sexto – LANDER DONOSO REDONDO – Trofeo 30,00 €
Sétimo – RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO – Trofeo 30,00 €
Oitavo -AITOR BOUSO GAVÍN – Trofeo 30,00 €
Noveno – LARA DOMÍNGUEZ BAÑO – Trofeo 30,00 €
Décimo – CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO – Trofeo 30,00 €
Mellor bolada – JOSE VIGO LAGE – Trofeo Autoescuela Mundial 50,00 €

Liga Feminina.- Undécima victoria da campiona Carmen Roca, que puxo final a unha magnífica temporada. Tampouco nesta cateogría cambiou a clasificación, e Marta Álvarez, segunda na tirada, non deixou lugar á sorpresa e consolidou esa terceira posición final que lle dá dereito a un sitio no podium.

POSTO IMPORTE DO PREMIO
Campiona – CARMEN ROCA CORRAL – Trofeo 50,00 €
Subcampiona – DOLORES BAÑO FRAGA – Trofeo 35,00 €
Terceira – MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ – Trofeo 25,00 €

Entre os premios que se entregaron de todas categorías, imos salientar o TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL ao Xogador Máis Veterano do campionato, que un ano máis recaeu en Modesto Albo Vdal, quen vai camiño dos 81 anos, que ademáis ocupou o 11º posto nunha clasificación de 26 xogadores. Casi nada!

Inda que a Liga Regular rematou en Sumoas, a temporada non acabou, xa que o VINDEIRO SÁBADO 27 DE MARZO, a partires das 15:30 horas no Centro Social de Vilachá, terá lugar a VIIª COPA DE BOLOS CONCELLO DE XOVE, a cal van disputar xogadores da Liga Senior e da Liga Sub 18. A Liga Feminina non participa este ano na Copa dado que é a primeira Liga e non sabíamos como iban responder as nosas féminas. Dado que a resposta participativa foi moi boa durante todo o ano, podemos afirmar, con cáseque toda seguiridade, que para o vindiero ano si imos ter unha copa de bolos feminina.

Para rematar, agradecerlle a AUTOESCUELA MUNDIAL XOVE a colaboración, que ano a ano, lle ven prestando a este Torneo, que non olvidemos, é, segundo as nosas referencias, o máis antigo de Galicia.

Exit mobile version