VIVEIRO .- Regalxunqueira inaugura o día 25 de Marzo, ás oito da tarde, o Centro didáctico Regalxunqueira e a exposición Guernika unha educación para a paz. Esta exposición pretende recoller os momentos en que Pablo Ruiz Picasso faise eco na súa obra do horror polos estragos que causan as guerras e a sua inutilidade.
COMUNIDADO DE PRENSA
COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA
Curva de Xunqueira-Viveiro. Camiño Real, 127 – Xunqueira 27850 Viveiro (Lugo) Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06 – ceramica@oteroregal.com – www.oteroregal.com
Ten o pracer de invitar a Vde. á inauguración DO CENTRO DIDACTICO REGALXUNQUEIRA e da exposición GUERNIKA UNHA EDUCACIÓN PARA A PAZ
DO 25 DE MARZO Ó 30 DE XUÑO-2010
Acto que terá lugar o vindeiro Xoves, 25 de Marzo ás 20 horas no auditorio e Sala de Exposicións do Complexo Cultural REGALXUNQUEIRA – VIVEIRO.
Proxectarase un documental encol de Guernika e servirase un viño e algo de comer
Esta exposición pretende recoller os momentos en que Pablo Ruiz Picasso faise eco na súa obra do horror polos estragos que causan as guerras e a sua inutilidade.
A exposición recolle unha reprodución do Guernika acompañado por obra gráfica en col do mitico cadro e outras obras en col do mesmo tema. Completase a exposicions con esculturas do Quemado, Alejandro Burgos e Otero Regal reinterpretando o Guernica.
Esta exposición serve para por en funcionamento O CENTRO DIDACTICO DE REGALXUNQUEIRA donde se de a posibilidade de: REALIZAR UNHA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR, con dúas opcións : OPCIÓN A : 4 h. de duración. OPCIÓN B: 2 h. de duración. Con GUÍA,tanto as actividades coma a Visita ós 2 Museos do centro.. O Centro Didáctico é apto para ser visitado e participar nos seus obradoiros.(dentro do horario escolar) a partires de 1º de Educación Primaria até 2º de Bacharelato.
Forma parte do noso Proxecto,en colaboración cos Centros de ensino primario e secundario e outros Centros docentes reforzar a premisa: APRENDENDO E EDUCANDO A TRAVÉS DO ARTE.