Site icon Crónica3.com A Mariña

Recorda o PSOE de Cervo que unha concelleira e o ex-alcalde do PP tiveron que devolver cartos ao Concello

NOTA DE PRENSA:
O GMS RECORDALLES A VILLARES E BALSEIRO QUE UNHA CONCELLEIRA E O EX ALCALDE DO PP TIVERON QUE DEVOLVER CARTOS AS ARCAS MUNICIPAIS
O GMS AMÓSASE SATISFEITO POLA RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL DE CONTAS, PERO NON ENTENDE QUE O ALCALDE CRITIQUE Á OPOSICIÓN POR FACER O SEU TRABALLO

CERVO, 12 DE MARZO. O alcalde de Cervo intenta de novo engañar aos veciños con maniobras e piruetas propias de filibusteiros. O Tribunal de Contas despois de varias investigacións e requerimentos que foron realizados polo goberno municipal, decideu arquivar a causa aberta contra o Concello de Cervo. O alcalde e o tenente de alcalde, os Sres Villares e Balseiro obviaron explicar que para que o Tribunal decidira arquivar a causa tiveron que responder e presentar diversa documentación, e xustificar gastos e pagamentos que non o estaban con aterioridade. Neste senso temos que recordar que o ex alcalde de Cervo, o Sr Insua e a concelleira Pilar Armada tiveron que devolver diñeiro as arcas municipais coma consecuencia das dilixencias abertas.

Facer oposición con respecto

Dende o GMS e por responsabilidade e repecto decidimos naquel momento non revelar o dato cos nomes das persoas que tiveron que devolver o diñeiro e as cantidades; datos que sí facemos agora, unha vez conocido o auto do Tribunal de Contas. Este é un so exemplo que reflexa a nosa forma de facer oposición, unha oposición constructiva, en contraposición coa labor negativa do equipo de goberno cuxa misión destructiva e de división. O que non vamos facer e negar as evidencias e por iso informamos aos veciños dos pasos que se seguían dende o TC en relación o Cocello, posto que quen tiña que facelo, non o facía.

Outras causas abertas

O Concello de Cervo ten varias causas abertas, e está sendo obxeto de unha investigación por unha suposta malversación de fondos. Tamén esperamos que neste e outros casos as resolucións sexan favorables ao concello, posto que o GMS aspira a gobernar o Concello e por tanto somos os primeiros interesados en soltar lastres, que interrumpan ou dificulten os fines de goberno dos socialistas cervenses.

Pirulas contra a falla de memoria

Por último e non menos importante queremos recordarlles aos Sres Villares e Balseiro a campaña de desprestixio que propiciaron a persoal do concello, ex-concelleiros e ao ex alcalde Socialista, gastando cartos públicos para eses fíns sen resultados que amparasen as súas descalificacións. Eles sí mostraron unha forma irresponsable de facer oposición e goberno, maltratando os seus propios veciños sen medir as consecuencias; o GMS fae a súa labor con respecto, pero está claro que non todos somos iguais, e afortunadamente o GMS distanciase do equipo de goberno nas formas de actuar.

Exit mobile version