NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o pleno da vindeira semana volve a demostrar a incapacidade do bipartito burelés.
Aseguran que o alcalde só leva dous puntos de producción propia.
Consideran que Burela leva tres anos perdidos.
O PP de Burela manifestou hoxe que o pleno que se celebrará o próximo vintecinco deste mes volve a demostrar a absoluta incapacidade do bipartito burelés para aportar proxectos para Burela.
A orde do día do pleno só rexistra dous puntos de producción propia: a cesión do uso dos traxes da Banda de Música á Asociación de Amigos da Banda, e a imposición de nome á rua recentemente aberta entre a Rúa do Mariñeiro e a Rúa Monte Castelo, rua que foi construída polo promotor que edificou na Praza do Mariñeiro.
Estes son os temas nos que traballa o bipartito burelés, segundo os populares. “Levamos así tres anos, porque os plenos están sempre valeiros de contido: algo lóxico, porque cando os proxectos estrela do alcalde son a comisión para premiar solares e o grupo de xestión das praias, que logo dun ano da súa creación ainda na se sabe deles. En definitiva, tres anos perdidos para Burela”. E o peor, segundo o PP, é que o ano que queda hasta as municipais non promete nada especial, porque o que non se fixo hasta agora xa é mui difícil facelo no ano que queda.
Para o PP, a incapacidade é absoluta, e pón un exemplo: na proposta da alcaldía para nomear a rua indicada, non se fai ningunha proposta de nome. A propsta do alcalde di literalmente: “Acordo. Primeiro. Que pola Corporación municipal do Concello de Burela se nomee o tramo novo de rua que enlaza de forma transversal á Rúa do Mariñeiro e á Rúa Monte Castelo, dotándose de numeración ás distintas propiedade. Segundo. Comunicar o presente acordo ó INE, e publicalo no BOP e no taboleiro de anuncios para xeral coñecemento e notificalo ós veciños que teñen alí o seu domicilio”. E nada máis, cando poñerlle nome a unha rua é algo máis serio do que parece. Polo tanto, non coñecemos a proposta do alcalde, o que non deixa de ser curiosos, e que demostra a desidia e a falla de interese nos asuntos municipais, así como a total despreocupación por preparar os asuntos que van a pleno.
O GMPP ratíficase na falta de traballo do alcalde e do bipartito, máis preocupados por sair na prensa aproveitando calquera circunstancia, ca de propoñer proxectos de futuro para o concello. O alcalde xa non pode ampararse máis nesa imaxe de buenismo que pretende transmitir, porque ademais de ser unha imaxe finxida tenta ocultar as carencias que esta persona tén para rexir um concello coma Burela.