SANTIAGO .- Portos de Galicia acaba de poñer en funcionamento dez cámaras de videovixiancia nos portos de Burela e Celeiro como unha das medidas anunciada polo ente público para mellorar a seguridade nestas instalacións portuarias.
Con esta iniciativa o ente público ten previsto dotar ás instalacións portuarias de modernos sistemas de videovixilancia e control. Neste senso, o sistema de seguridade por medio de cámaras de televisión consistiu na colocación de catro elementos de videovixiancia no porto de Celeiro e seis no de Burela, emprazados en lugares estratéxicos.
No porto de Burela as cámaras están colocadas na explanada, fronte a oficina de Portos de Galicia, tamén na zona de atracada da lonxa, na súa parte traseira e na zona comercial e, en Celeiro, están instaladas nas zonas de atracada, explanadas e zona da lonxa, entre outras. Coa colocación destas cámaras nos portos de Burela e Celeiro a seguridade e vixilancia nocturna e diúrna das instalacións portuarias durante as 24 horas do día se verán melloradas mediante este sistema de vixilancia e control de tal modo que estes portos sexan seguros e non se produzan actos que atenten contra a integridade dos barcos e das persoas.
Cada cámara posúe un movemento de 360 graos para poder percorrer todo o entorno destinado a súa vixilancia, ademais todas as instalacións estarán dotadas de videograbador que recollerá e gardará as imaxes. Por outra banda, no caso de que existan zonas denominadas “escuras” Portos e Galicia ten prevista a colocación de mais elementos de videovixilancia para cubrir así todas as necesidades.
Está actuación forma parte do “Programa de servizos tecnolóxicos: Proxecto de instalación de sistemas de videovixilancia, control de accesos e wifi en instalacións pesqueiras” consistente nun sistema de control de accesos e sistemas de televixiancia para instalacións e pantaláns coa colocación de cámaras móbiles, control de accesos e puntos de acceso da rede wifi.