Site icon Crónica3.com A Mariña

Pintura, escultura, performance, vídeo e máis manifestación artísticas poden verse en Mariñarte en Ribadeo

RIBADEO .- O delegado de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, a concelleira de Cultura de Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra e unha representanción do Centro Comercial Aberto de Ribadeo particiaparon na apertura de Mariñarte, mostrta dos traballos dos mariñáns, Daniel Diéguez, Héctor Freijanes, Daniel Pino, Adriana Pardo, Alba López, Anxela López, Jana López, Joseba Muruzabal, Mariña Casais, Patricia Gómez, Sandra Martínez, Pablo Rodil, David Ribas, Jotace, Mª del Pilar Díaz e Daviz Catá. Pintura, escultura, performance, video creación e outras manifestación artísticas innovadoras poden contemplarse en Ribadeo ata o 18 de abril.

Nota e Prensa

ANTONIO VEIGA INAUGURA EN RIBADEO A EXPOSICIÓN  MARIÑARTE

Este ano a exposición extenderase polas rúas de Ribadeo a través dos

establecementos do centro comercial aberto

RIBADEO, 27 de marzo de 2010. Deu comezo a exposición Mariñarte tras o acto inaugural que esta tarde protagonizaron o deputado delegado de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, e a concelleira de Cultura de Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra, que estiveron acompañados dunha representante do Centro Comercial Aberto de Ribadeo. Antonio Veiga referiuse, nun emotivo discurso, á presenza de Mariñarte nas rúas de Ribadeo como a “recuperación dun espazo para o arte que empeza na rúa e se extende como unha marea por toda a vila recuperando o tempo onde a rúa era o habitat natural dos artistas”. Mariñarte naceu nun primeiro momento como unha actividade para poñer en valor na semana santa os traballos dos artistas da Mariña.

Nesta cuarta edición de Mariñarte, que permanecerá aberta desde o 26 de marzo ao 18 de abril e conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, poderase ver pintura, escultura, performance, video creación e diversas manifestación artísticas innovadoras. Os artistas, vinculados á comarca da Mariña, que participan na mostra son: Daniel Diéguez, Héctor Freijanes, Daniel Pino, Adriana Pardo, Alba López, Anxela López, Jana López, Joseba Muruzabal, Mariña Casais, Patricia Gómez, Sandra Martínez, Pablo Rodil, David Ribas, Jotace, Mª del Pilar Díaz e Daviz Catá.

Durante a tarde numeroso público achegouse ao Forte de San Damían e paseou polas rúas de Ribadeo que este ano convértense en sala de exposicións xa que un total de 12 comercios albergaran obras de arte que poderán ser visitadas como parte da mostra. Os asistentes á inauguración da mostra Mariñarte disfrutaron dunha performance a cargo de Patricia Gómez e Adriana Pardo.

Unha ducia de establecementos convertidos en espazos expositivos.

Esta nova edición de Mariñarte implica ao Centro Comercial de Ribadeo, que colabora aportando espazos expositivos que complementan ao Forte de San Damían. Mariñarte estará presente nos escaparates de: Farmacia Montserrat Iglesias, Cerouno, Complementos Canaima, Botana, Calzados La Moda Hombre, Muebles Merille, D Complearte, Global Óptica, Hola Ola, Óptica Carreira e Gestión Integral 3000 e tamén no forte de San Damián. Alí os horarios de visita durante toda a semana santa, ademáis dos sábados e dos domingos será de 11:30 a 13:00 e de 17:30 a 20:00 horas. E o resto dos días será de 17:30 a 19:30 horas. Ademáis os centros de ensino de Ribadeo disporán de visitas guiadas para os seus alumnos e alumnas, como ven sendo habitual cada ano.

Exit mobile version