Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide o PP que a Deputación inste á Xunta a oficializar o denominado Camiño do Mar

Nota de Prensa

O GPPP quere que a Deputación inste ó Goberno central a modificar a súa política fiscal sobre IVE

Lugo, a 28 de marzo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno da Deputación do vindeiro martes unha moción na que pide que a administración provincial inste ó goberno central a que efectúe varias modificacións na súa política fiscal en relación co Imposto de Valor Engadido (IVE).

En concreto, os populares avogan pola derogación da suba do IVE aprobada para o 2010, así  como por cambiar o réxime do pago deste imposto para que PEMEs e autónomos non teñan que pagar o IVE de facturas non cobradas e establecer o tipo superreducido do IVE (4%) para a actividades turísticas e fixar tamén un tipo reducido para determinados servicios intensivos en man de obra como os de pintura, fontanería, electricidade e carpintería co fin de fomentar o consumo, ampliar bases de recaudación e desincentivar a economía sumerxida.

Plantexan asimesmo que a Deputación inste ó Goberno de España á inmediata negociación cos partidos políticos e asociacións máis representativas do ámbito local da reforma conxunta do sistema de financiación e do goberno local, co obxectivo de dotar ás entidades locais dun marco institucional, competencial e financiero adecuado para facer fronte á difícil situación actual.

Na súa argumentación, o GPPP indica que no ano 2009 as contas públicas rexistraron o maior deterioro da súa historia, chegando a un déficit do 11,2% do PIB, no total das administracións públicas, o que pon en perigo a sostenibilidade das contas públicas españolas e supón un gravísimo risco para a recuperación económica.

A estratexia de consolidación fiscal escollida polo goberno non pode ser máis errada, ó entender dos populares, posto que se centra na maior suba de impostos da democracia; unha suba que afectará en maior medida a aqueles que menos teñen, como os parados ou os pensionistas, debido especialmente ós efectos da subida do IVE que o goberno realizará a partir de xullo deste ano.

Esta é, para o PP, unha medida regresiva e antisocial que tamén afectará negativamente ó tecido empresarial, especialmente a PEMEs e autónomos. Os concellos tamén se verán seriamente perxudicados posto que verán danada a súa capacidade para contratar obras e servicios que prestan ós cidadáns e vai empeorar a, xa grave, situación financieira pola que atravesan.

CAMIÑO DO MAR.- O GPPP rexistrou tamén outra moción en defensa do recoñecemento oficial do denominado Camiño do Mar. Nela pide á Deputación que inste á Xunta de Galicia a desenvolver os trámites e xestións que estime oportunas co obxecto de oficializar este camiño como ruta xacobea.

Defenden ademais que a Deputación amose o seu decidido apoio e colaboración da nas tarefas que a Xunta de Galicia e outras institucións e organizacións poidan desenvolver na divulgación e promoción deste percorrido.

Exit mobile version