Site icon Crónica3.com A Mariña

Pesar do Club deportivo Egovarros polo pasamento de Julián Bernal Medina

VIVEIRO.- O Club deportivo Egovarros de Viveiro fai público o seu pesar polo pasamento do seu compañeiro D. Julián Bernal Medina, destacando o seu comportamento exemplar e o afecto e dedicación co club e os compañeiros.

NOTA
O presidente, membros da xunta directiva e atletas do Clube deportivo Egovarros de Viveiro, queren manifestar públicamente o seu máis fondo pesar polo pasamento do noso compañeiro do clube D. Julian Bernal Medina.

Julian ao longo da súa carreira deportiva, nomeadamente como atleta deste clube deportivo, tuvo un comportamento exemplar tanto no eido deportivo como na da súa relación persoal e afectiva cos demais membros do clube.

O compañerismo, as relacións persoais e humanas son características moi importante para nos, e nese senso Julian amosou sempre unha vontade e predisposición para calquer proposición deportiva que dende o clube se lle facía.

Queremos destacar tamén a súa entrega, loita e sacrificio constantes. Sempre disposto a colaborar e participar en cantas probas e actividades se lle propoñían, xa foran de tipo competitivo como de carácter formativo e divulgativo.

Hoxe queremos mostrar o noso profundo pesar por esta perda, queremos tamén amosar a nosa admiración pola súa traxectoria como deportista e como persoa.

Onde queira que estés Julian, o clube deportivo Egovarros sempre correrá contigo

Exit mobile version