Site icon Crónica3.com A Mariña

“Pepe do Popular” dixo en Onda Cero A Mariña que ten previsto vivir en Barreiros moitos anos

RIBADEO .- A emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) ofreceu hoxe, martes, unha entrevista con José Pérez Díaz, coñecido popularmente en toda España como “Pepe do Popular”. Durante 18 anos foi buscado pola Interpol, porque hai dúas décadas foi o suposto autor dun desfalco de máis de 6.000 millóns das antigas pesetas cando era director dunha sucursal do Banco Popular en Santander. Pero os seus presuntos delitos prescribiron e en abril do ano pasado volveu a España desde México para proclamar a súa inocencia e refacer a súa vida, o que agora tenta na Mariña, concretamente en Barreiros, onde rexenta un hotel.
José Pérez estivo nos estudos de Onda Cero en Ribadeo e foi entrevistado para o programa “A Mariña na Onda” por Beni Mántaras, a quen “Pepe do Popular” comentou que xa está empadroado en Barreiros, municipio no que se atopa feliz polo trato que recibe da xente de toda a zona e ten previsto seguir residindo na Mariña durante polo menos dez anos.
José Pérez, que é asturiano de nacemento, chegou a Barreiros para rexentar o hotel “Balcón de San Bartolo” porque coñecía ao propietario do establecemento.

Exit mobile version