VIVEIRO .- A asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo celebrou en Viveiro a súa gala anual a que acudiron uns 180 hostaleiros da provincia. A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, participou no acto e entregou un dos galardóns que este colectivo outorga en recoñecemento á traxectoria profesional. Tamén acudiron a gala dos hostaleiros o deputado da area de Cultural, Antonio Veiga, a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, o delegada provincial da Xunta, Raquel Arias, e o subdelegado do goberno en Lugo, José Váquez Portomeñe.
NOTA DE PRENSA
Lara Méndez participa na gala anual da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo
A Vicepresidenta Segunda da Deputación entrega un dos galardóns en recoñecemento á actividade dos hostaleiros lucenses
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este domingo na gala anual da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo –APEHL- que se celebrou en Viveiro. Lara Méndez entregou un dos galardóns que este colectivo outorga en recoñecemento á traxectoria profesional dos hostaleiros lucenses.
A APEHL concedeu o título de Embaixadores Hostaleiros da Provincia a Manuel Docando, e Silvestre Castro, un matrimonio lugués que rexenta en Barcelona o restaurante Casa Castro. Trátase dun establecemento especializado en marisco, ó que acuden recoñecidas personalidades como xogadores de fútbol do Barça, e o Español. Da mesma forma, os galardóns Toda unha vida que se conceden a profesionais recén xubilados, recaeron en José Vázquez López –Lugo-, Francisco Galdo –Viveiro-, e Carlos Rañón –Ribadeo-. Finalmente, tamén se entregou unha distinción profesional a Guillerme Salgueiro, propietario do Complexo Las Sirenas de Viveiro, e do Hotel Cervantes en Sevilla.
Uns 180 hostaleiros da provincia acudiron á esta cita marcada pola crise económica. O Presidente da APEHL, José Francisco Real Castro, amosou a súa confianza en que “o traballo e o sacrificio de todos” saque adiante o sector, e destacou a importancia da celebración do Xacobeo. Precisamente, a Deputación adiantouse ó Ano Santo, sendo a primeira administración cunha programación previa e estable á esta celebración con Km0 a Compostela. Este programa oferta unhas 25 rutas polo Camiño Francés, Primitivo, da Costa, e Sur. Dende a súa posta en marcha, coñecidos deportitas, colectivos, e mesmo políticos fixeron o Camiño con este programa, e nas vindeiras semanas a Deputación espera a visita recoñecidas personalidades en España.
Ademais da Vicepresidente Segunda da Deputación, participaron na gala de hostaleiros o Deputado da Área de Cultural, Antonio Veita, a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, o Delegada Provincial da Xunta, Raquel Arias, e o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Váquez Portomeñe.