Site icon Crónica3.com A Mariña

O Xinthia deixou pequenas incidencias en Ribadeo e o alcalde agradece a colaboración cidadá

RIBADEO (FNC) .- O Xynthia deixou pequenas incidencias en Ribadeo como a caída dunha par de árbores en Ove e nas proximidades do forte San Damián. O alcalde agradece á cidadanía a atención prestada ás recomendacións realizadas desde as diferentes Administracións.

Fernando Suárez dixo que “afortunadamente non temos que lamentar danos polo Xynthia que pasou de esgueira pola nosa comarca, afortunadamente todo o dispositivo montado non foi necesario. Teño constancia dunha árbore que caeu na parroquia de Ove na zona das Aceas e outra árbore que caeu cerca do forte San Damián, pero sin causar ningún estrago”.

O rexedor subliñou que “moitos hostaleiros, curándose en saúde e despois de ver o que ocorreu o ano pasado co Klauss, alugaron unha serie de xeradores que non foron necesarios. Agradecerlle a toda a cidadanía a súa actitude porque tomou ao pé da letra todas as recomendacións realizadas desde Protección Civil, desde a Xunta e tamén desde a alcaldía. Todos tomaron con seriedade esto que non foi nada, pero que puido ser”.

Exit mobile version