Site icon Crónica3.com A Mariña

O responsable de Medio Ambiente de Ribadeo asegura que se traballa para eliminar os vertedoiros incontrolados

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, asegura que o seu departamento está a traballar para eliminar os vertedoiros incontrolados que hai polo concello e rexeita as críticas verquidas desde UPRI.

O edil nacionalista lembra que “se queixaba o señor Rivas de forma alarmante de que o noso concello está cheo de vertedoiros incontrolados e botábame a culpa a min. Non sei a quen quere enganar posto que controlar a alguén que fai este tipo de actos é prácticamente imposible. Neste caso tratábase de roupa, pero noutros aparecen residuos que incluso nalgunha ocasión ata foron perigosos”.

Cupeiro considera que “o que debería facer o señor Rivas, xa que di que é un defensor do Medio Ambiente, sería comentar que non se fixeran este tipo de actos irresponsables xa que desa maneira, ainda sendo oposición, colaboraría realmente con eso que él di defender que é o medio ambiente. O que lle importa a él é outro tipo de cousas e non a defensa do medio ambiente eso dalle igual, o único que quere é incordiar e ir de oportunista vendo onde alguén deposita algo para facer unha foto e dicir que temos un Ribadeo cheo de vertedoiros incontrolados”. O concelleiro de Medio Ambiente nega as acusacións verquidas desde UPRI, “eso non é así porque estamos sacando e limpando un montón deles, incluso algún da súa época como pode ser no túnel da Palmeira onde él autorizou botar varios camións de escombro e despois me dicen que os túneles están mal, pois hai algún que está así desde hai 30 anos. A min pódeseme botar a culpa de todo, eu aguanto moito, pero calquera que coñeza o tema dalle a risa porque todo o mundo sabe que os túneles levan así moitos anos”.

Horacio Cupeiro pide que “ninguén nos veña dar exemplo de nada porque son precisamente as persoas que menos fixeron polos vertedoiros as que agora pretenden darnos clases. Xa dixen noutra ocasión que determinadas actitudes poido aprendelas, pero del, do señor Rivas, concretamente pouco teño que aprender ainda que sempre se aprende algo das persoas”.

Exit mobile version