Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE denuncia que a Xunta non se comprometeu con ningunha mellora para a grave situación do Hospital da Costa

NOTA DE PRENSA:

REGO DENUNCIA QUE A CONSELLEIRA DE SANIDADE NON SE COMPROMETEU A POÑER EN MARCHA, NIN ESTABLECER NIGUNHA MELLORA PARA SACAR AO HOSPITAL DA COSTA DA SÚA GRAVE SITUACIÓN

-O deputado socialista lamenta siga sen competer ningunha medida para facer fronte a grave situación polo que atravesa o Hospital da Costa

-Advirte que a poboación da Mariña de Lugo non parara ata conseguir que o Goberno de Fejoo cumpra coas planificacións do anterior Goberno no tocante a ampliación do centro hospitalario

– Denuncia que a día de hoxe no Hospital non se dan citas en especialidades coma cardioloxía , traumatoloxía e reumatoloxía “ non se dan citas nin normais nin preferentes”, espetou

– Argumentou que a única folla de ruta do Partido Popular no Hospital da Costa pasa por “non investir e retirarlle os recursos que tiña asignados”

Santiago , 24 de marzo de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interpelou hoxe no Pleno da Cámara Autonómica á Conselleira de Sanidade sobre as medidas previstas pola Consellería de Sanidade para corrixir a deteriorización asistencial producida no Hospital de Costa.

Denuncia que a Conselleira de Sanidade non se comprometeu a poñer en marcha, nin establecer ningunha mellora para sacar ao hospital da costa da súa grave situación. Na súa intervención acusou á Conselleira de mentir de forma reiterada e dixo que os “cidadáns da Mariña sufre a súa nefasta xestión”.

Rego denunciou os datos referidos ás listas de espera, do citado Centro Hospitalario, nos que se constata o deterioro continuo da sanidade publica na Mariña de Lugo. Dixo que nun ano de Goberno do PP duplicouse ás listas de espera. Asegurou que a día de hoxe non se dan citas en especialidades coma cardioloxía , traumatoloxía e reumatoloxía “ non se dan citas nin normais nin preferentes”, espetou.

Argumentou que a única folla de ruta do Partido Popular no Hospital da Costa pasa por “non investir e retirarlle os recursos que tiña asignados”.Tamén sinalou as constantes críticas do sindicato CEMS no que denuncian traslados continuos de pacientes, e lembrou tamén a denuncia realizada por 70 facultativos sobre a grave situación que vive o Hospital, pola mala organización, mala xestión e a falta de compromiso da Xunta para adaptala a súa ampliación, e dotala dos medios precisos.

Di que a Consellería de Sanidade de terlle “birlado” mais de 1.200.000 euros dos orzamentos do ano 2009 ao centro Hospitalario. A maiores advertiu que son os propios profesionais os que denuncian un disparo sen precedentes das listas de espera.

Sinala tamén que o a Consellería de Sanidade non ten outro obxectivo, que non sexa a desmotivacion do persoal destes centros, co único fin de promover o seu abandono e centralizar así a asistencia especializada en hospitais centrais de referencia e na propia sanidade privada”.

Exit mobile version