NOTA DE PRENSA
REGO AMOSOU O APOIO DOS SOCIALISTAS GALEGOS AO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA, SOBRE AS INICIATIVAS RELACIONADAS CO MANTENEMENTO DA ACTIVIDADE DO PORTO COMERCIAL DE RIBADEO
– O deputado socialista advertiu da mala estratexia dalgúns membros do PP baseada na confrontación institucional para abordar un tema sen dubida sensible, tanto para Galicia coma para o Principado de Asturias
– Advirte “que o Goberno Galego é , e será o responsable do que ocorra en función do seu ámbito de responsabilidade e competencial”
– Recomendoulle á Xunta que negocie con rigor e altura de miras coa empresa privada CEASA
Santiago , 25 de marzo de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe, na Comisión 8º do Parlamento, para interpelar ao Presidente de Portos de Galicia sobre a actividade portuaria no peirao de Mirasol, en Ribadeo (Lugo).
Rego amosou, na súa intervención, o apoio dos Socialistas Galegos ao Presidente de Portos de Galicia, sobre as iniciativas relacionadas co mantenemento da actividade do porto comercial de Ribadeo
O deputado tamén advertiu da mala estratexia dalgúns membros do PP baseada na confrontación institucional para abordar un tema sen dubida sensible, tanto para Galicia coma para o Principado de Asturias.
O deputado socialista amosou a firmeza de apoiar a proposta de CEASA, e que polo que afecta ao compromiso de dotación de infraestructuras e equipamentos no Porto de Ribadeo, e a reducción das taxas debe terse en conta tamén para outros portos e mercadorías da Comunidade Autónoma.
Ademais tamén lembrou que foi agora cando se prantexou este problema, e non con anteriores gobernos. Asegura o apoio do Grupo Parlamentario Socialista ás iniciativas da Xunta, pero neste punto advirte “que o Goberno Galego é , e será o responsable do que ocorra en función do seu ámbito de responsabilidade e competencial”. E insiste” polo que non caben políticas escapistas de olladas ao pasado, dado que cando chegou o actual goberno de Feijoo, e mesmo hoxe un ano despois, o porto de Ribadeo siga a ser de referencia para esta industria”, asegurou.
Por último recomendoulle á Xunta que negocie con rigor e altura de miras coa empresa privada CEASA , e que ademais conta cun importante factoría en Galicia e que manteña abertos canles de lealdade e cooperación institucional co conxunto das administracións afectadas, como se corresponde con normal funcionamento dun estado democrático.