Nota de Prensa
O PSdeG abstense na votación do informe da ponencia da Reforma Lei do Solo
OS SOCIALISTAS EMPRAZAN A NUÑEZ FEIJOO A MANTER A PROTECCIÓN DOS HÁBITATS COMUNITARIOS
– A Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista de Ordenación Territorial Mar Barcon non entende por qué a maioría parlamentaria e o Goberno do PP teñen desperdiciado a ocasión de situarse na defensa clara e rotunda do noso territorio, dos seus espazos máis sensibles e singulares
– Lembrou que dende o principio desta tramitación lexislativa o PSdeG-PSOE e Pachi Vázquez a cabeza “quixemos facer un xesto de xenerosidade e de acordo, para poñer de manifesto a nosa vontade de percorrer, conxuntamente coa sociedade e os partidos políticos, o camiño do consenso nun tema que non pode permanecer aberto por máis tempo, despois de trinta anos de autogoberno”
– Advertiu que asuntos coma que a defensa a ultranza dos nosos espazos máis singulares, protexer o noso litoral, facer un seguimento rigoroso do POL, dar solucións ás realidades que temos no noso país e aportar racionalidade e equidade ás modificacións legais que se poñan en marcha, son algunhas das sinais de identidade do PSdeG-PSOE.
Santiago, 15 de marzo de 2010. A Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista de Ordenación Territorial Mar Barcon anunciou hoxe, na Comisión 2º do Parlamento, que o PSdeG-PSOE abstense na votación do informe da ponencia para a reforma da Lei do Solo. Emprazan a Feijoo a manter a protección dos hábitats comunitarios.
A deputada do PSdeG-PSOE dixo que non entende o por qué desta Modificación pola vía de urxencia, xa que non concordábamos coa súa necesidade neste momento e que o camiño da sensatez, da xerarquía normativa e da seguridade xurídica debía ser: aprobar as DOT, aprobar o POL e redactar unha nova Lei que, cunha aprobación por maioría de 2/3 da Cámara. Sinalou que estes acordos aportarían estabilidade ás políticas territoriais e urbanísticas. Dende o PSdeG-PSOE hoxe seguimos pensando o mesmo, e denuncia que “perdemos a oportunidade de facer as cousas ó dereito – que non á dereita”.
Barcon apunta que non entende por qué a maioría parlamentaria e o Goberno do PP teñen desperdiciado a ocasión de situarse na defensa clara e rotunda do noso territorio, dos seus espazos máis sensibles e singulares (daquelo que mellor nos caracteriza como país e como sociedade.)
Lembrou que dende o principio desta tramitación lexislativa o PSdeG-PSOE e Pachi Vázquez a cabeza “quixemos facer un xesto de xenerosidade e de acordo, para poñer de manifesto a nosa vontade de percorrer, conxuntamente coa sociedade e os partidos políticos, o camiño do consenso nun tema que non pode permanecer aberto por máis tempo, despois de trinta anos de autogoberno”, asegurou.
Pero insistiu “lamentamos que aquel xesto non servira para convencer ó PPdeG de que o país ben merece que os seus espazos máis prezados reciban un trato diferenciado, non estén ó servicio dos intereses duns poucos senón que sexan o máis fermoso patrimonio compartido”, advertiu a deputada.
Mar Barcon relatou que a defensa a ultranza dos nosos espazos máis singulares, protexer o noso litoral, facer un seguimento rigoroso do POL, dar solucións ás realidades que temos no noso país e aportar racionalidade e equidade ás modificacións legais que se poñan en marcha, son algunhas das sinais de identidade do PSdeG-PSOE.
A portavoz de Ordenación Territorial explicou que o PSdeG-PSOE, presentou 45 emendas a este Proxecto de Lei, dirixidas a conquerir:
-Mellorar a técnica e o rigor xurídico nos termos e nos procedementos propostos na modificación
-Manter os principios rectores que deben alumear as nosas políticas urbanísticas: a calidade dos espazoslibres, a ponderación da edificabilidade, os equipamentos públicos..
-Insistir na necesidade de dotar ós núcleos rurais daqueles servicios que deben facilitar a vida dos cidadáns neles e non permitir desenvolvementos sin a capacidade destes servicios, das súas acometidas e das vías de comunicación precisas.
-Introducir melloras para axilizar a tramitación dos planeamentos xerais – que ó noso xuizo teñen que variar sustancialmente na próxima Lei – e das licencias autonómicas para actividade.
-Dotar dun marco rigoroso e estricto a regularización daquelas situacións que hoxe non teñen cabida na Lei.
-Manter a protección dos espazos naturais máis singulares, aqueles que teñen un significado e un protagonismo maior na definición do noso país.
Subliñou que con estas apartacións non fumos capaces completar estes obxectivos, pero “hai unha innegable melloría do texto e os avances que supuxeron as aportacións feitas a través das nosas emendas”, pero denunciou que aínda así “non foi posible que o Partido Popular fixera seu o compromiso da defensa dos espazos naturais”. Barcon puntualizou que é unha mágoa que quen ten a obriga de xestionar a confianza dos galegos e as galegas non asuma a súa responsabilidade plena coa conservación e defensa do territorial naquelas áreas máis sensibles. Hai espazos para vivir, para traballar, para investir, para producir pero tamén os hai para ser conservados na súa plenitude.
A dirixente asegurou que para os socialistas no que refire á Ordenación do Territorio “non todo vale”. E insistiu nas súas criticas “dixemos que o noso non sería un si a calquera prezo, polo tanto non podemos dar ese sí, porque se nos pide aceptar a renuncia explícita do Goberno galego á defensa dos espazos naturais e nós non estaremos aí”.
Emendas do PSdeG-PSOE
Barcon precisou que dende o PSdeG-PSOE temos contribuído dun xeito decisivo a través das nosas emendas a que esta modificación da lei do solo sexa máis sostible, nos usos agrícolas favorecendo a permanencia no medio rural de quenes son os maiores coidadores da nosa paisaxe, os/as agricultores/as; nos núcleos rurais compactando e non dispersando as vivendas; nos espazos naturais protexidos devolvéndolle o protagonismo ós plans de ordenación dos recursos naturais que deben ser os que decidan cales son os usos, nun diálogo aberto entre conservacionistas, agricultores/as e administracións. Pero non fomos capaces de facerlles entender ao Partido de Feijoo que a sostibilidade tiña que alcanzar tamén ás actividades de acuicultura.
Denunciou que Feijoo non se preocupou por crear un marco xurídico claro na lei do solo para esta actividade, que non debera estar suxeita ós vaivéns políticos, unha actividade que é necesaria en Galicia e que se pode desenvolver como xa se ten demostrado sin danar o noso ben máis prezado, o noso patrimonio natural e a nosa paisaxe.
Rede Natura
Aludiu ademais a Rede Natura. Esta foi a nosa emenda inicial, que na Rede Natura 2000 non se desenvolva acuicultura, a fixemos responsablemente porque sabemos que é posible fomentar a acuicultura como un sector de futuro, innovador, que nos permite rebaixar a presión pesqueira sobre os recursos naturais. E posible porque xa existe un Plan Galego de Acuicultura que vostedes se negan a desenvolver presos dunha irreflexiva campaña electoral. Lembrou ademais que o PP sabe que é así “porque nunca en Galicia, ata o ano 2004, se tiña escrito nunha lei que en Rede Natura se podía facer acuicultura, foi na modificación da Lei (a 15/2004) cando por vez primeira vostedes puxeron nunha lei que se podería facer acuicultura en espazos protexidos”. Nese senso lembra que tamén é certo que non hai ningunha norma que prohiba taxativamente desenvolver esta actividade en Rede Natura, aínda que o artigo 6 da Directiva Hábitats só deixa unha pequena porta aberta que nós entendemos e tamén o están entendendo así os tribunais de xustiza (sentenza de Rinlo) que en realidade esta porta só está aberta a obras de interese xeral ou utilidade pública, cuestión que claramente non abrangue a acuicultura.
Por isto ofrecíamos a posibilidade de blindar só os hábitats prioritarios e comunitarios existentes na Rede Natura 2000 a través da lei e protexer espazos emblemáticos do noso territorio para darlle valor tamén á nosa paisaxe. A súa negativa a aceptar esta emenda fai que a nosa ledicia de hoxe, por ter contribuído dende a sensatez a mellorar substancialmente este proxecto de lei, non sexa completa, e por iso a pesares de esta contribución non podemos decir sí.