Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP súmase á celebración do 8 de marzo comprometéndose a seguir traballando para acadar a igualdade real

Nota de Prensa

O PP súmase á celebración do 8 de marzo comprometéndose a seguir traballando para acadar a igualdade real entre homes e mulleres

* Os populares quixeron recoñecer o mérito que teñen todas as mulleres traballadoras de Lugo que día a día, con moito esforzo e non poucos atrancos, contribúen o desenvolvemento desta provincia

Lugo, a 5 de marzo de 2010.- O Partido Popular de Lugo quixo sumarse hoxe á celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro luns coa organización, en verbas do seu Presidente José Manuel Barreiro, “dun sinxelo acto de homenaxe ás mulleres traballadoras desta provincia”.

Cristina Ares, vicesecretaria – voceira da executiva provincial do Partido Popular, indicou que, aínda que se teñen producido moitos avances, queda moito camiño por andar para acadar a igualdade real entre sexos, sobre todo nun aspecto fundamental como é o acceso ó mercado laboral e á igualdade salarial, máxime nunha época de crise na que as mulleres saen sempre máis perxudicadas.

Segundo os datos do paro do pasado mes de febreiro, o 49,1 por cento dos máis de 4 millóns de parados son mulleres. Na nosa provincia, dos 22.477 desempregados contabilizados polo Servizo Público de Empleo Estatal, 11.397 son mulleres e 11.080 homes.

Si se toma como referencia a tasa de paro, en base os datos aportados pola EPA correspondentes ó cuarto trimestre do pasado ano, a das mulleres é do 19,07 por cento (18,64% a dos homes); no caso de Lugo do 10,95 fronte ó 9,72 por cento.

A taxa de emplego, tamén segundo a EPA e no mesmo período, era do 53,27 % fronte o 66,34 dos homes; no caso de Lugo, do 43,9% fronte ó 55,19%. En todo caso moi lonxe do 60 por cento fixado pola Unión Europea na Axenda de Lisboa para o ano 2010.

A diferencia salarias entre sexos, deixa tamén balanzo negativo para as féminas, que cobran de media algo menos dun 17 por cento. No caso de Lugo, segundo as estimacións realizadas polos técnicos de Facenda a partir dos datos do IRPF correspondentes ó 2008, a diferencia é superior, situándose no 20,5 por cento

Incluso á hora de cobrar as prestacións por desemprego as mulleres saen mal paradas. Así, segundo tamén as estimacións dos técnicos de Facenda, as mulleres cobran un 10,9 por cento menos que os homes e un 18,9 por cento no que se refire ás pensións.

Todas as cifras indican con toda claridade que as mulleres non se atopan en igualdade de condicións con respecto ós homes. O Partido Popular, segundo indicaron hoxe Barreiro e Ares, cree necesario seguir na laboura de sensibilización, de difusión e de comunicación da situación de desigualdade que moitas mulleres seguen a sufrir, insistir na necesidade de traballar no grave problema do desemprego ou da precariedade laboral, que afecta de maneira tan importante ás mulleres de todas as idades, así como na eliminación da lacra da violencia de xénero.

A falla de visibilización do traballo desenvolvido polas mulleres, as diferencias nas percepcións salariais, o desigual reparto das tarefas domésticas e das responsabilidades familiares, ou as diferentas existentes na esfera da toma de decisións son só algúns dos retos pendentes. Non se trata só de avanzar cuantitativamente en materia laboral senón que ese avance veña acompañado de melloras cualitativas.

Neste contexto, os populares indicaron que seguirán a traballar dende todos os eidos e dende todas as administracións para lograr que mulleres e homes sexan diferentes en tanto que persoas, pero iguais en dereitos e oportunidades.

No acto celebrado hoxe polo Partido Popular por mor da celebración do 8 de marzo participaron dúas mulleres que, segundo explicou José Manuel Barreiro, “son un exemplo de traballo e superación en ámbitos nos que a presenza feminina segue a ser menor á dos homes pero dende logo non menos importante e que representan ademais a xeracións moi distintas”. “A través delas queremos recoñecer o mérito que teñen todas as mulleres de Lugo que día a día, co seu esforzo e non con poucos atrancos, contribúen a manter viva esta provincia”, engadiu.

ALCALDESA E DEPUTADA.-

Angelines Salgueiro (77 anos) adicouse ó ensino durante medio século. Aprobou as oposicións ós 19 e os 20 comenzou a súa carreira profesional. Cando rondaba os 40 asumiu a alcaldía de As Nogais, convertindose nunha das primeiras mulleres alcaldesas da provincia de Lugo. “Eran tempos difíciles, últimos anos do franquismo e os albores da democracia, nos que non había medios e os concellos tiñan uns orzamentos moi pequeniños”, explicou.

Foi concelleira de As Nogais ata finais da década dos 90, a primeira muller deputada provincial, “algo que causou moita sorpresa daquela”, e formou parte da candidatura de Alianza Popular nas primeiras eleccións autonómicas. Agora vai a talleres de memoria e ximnasia, viaxa sempre que pode, disfruta dos seus sete netos e un bizneto e mantén a súa pasión pola lectura. “Releo constantemente El Quijote porque a estas alturas sempre saco algunha lección nova del”, dixo.

Ten boas lenbranzas da súa actividade política e un montón de anécdotas: o xantar á  que a invitaron os seus compañeiros cando tomou posesión como deputada provincial; o mitin no que participou no pabellón dos deportes de Lugo, xunto a Manuel Fraga, nas primeiras eleccións autonómicas… “Teño lembranzas moi bonitas pero a experiencia foi moi difícil, era comprincado daquela romper unha lanza neste senso. Non se concebía unha muller neste tipo de postos. Eran tamén tempos compricados nos que aínda non había moito espíritu democrático”, explicou. Un exemplo o dí todo: “tiven que escoitar dun señor universitario que a muller coa pata quebrada e na casa. Afortunadamente todo eso foise superando”.

Daquela o de conciliar vida laboral e familiar era ciencia ficción, pero, en conxunto, califica a experiencia de positiva, aínda que non foi doado. “Daba clases, tiña unha academia para preparar o bacharelato, ía ó concello e tiña catro fillos”, engadiu.

EMPRESARIA ÓS 20 ANOS.-

Iria Fernández (29 anos) comparte co seu irmán a dirección dunha empresa cárnica en A Fonsagrada que conta cunha plantilla integrada por trece persoas, das que 8 son mulleres. Estudiou Relacións Laborais e antes de acabar a carreira asumiu esta responsabilidade empresarial, encargándose da parte administrativa. Explica que “Os comenzos foron moi duros. Era o meu primeiro traballo, non tiña experiencia ningunha no sector e tiven que esforzarme moito para poñerme ó día. É moi bonito e satisfactorio poder poñer en práctica as túas ideas pero tamén existe unha responsabilidade moi grande dado os postos de traballo que están en xogo. En xeral, a experiencia é moi positiva e non tiven ningún problema polo feito de ser muller.”

De feito, anima a tódalas mulleres a asumir este tipo de retos “cós que se consegue unha autorrealización personal e nos axuda a mellorar como individuos ó sentirnos útiles”. “En calquera época, especialmente nos momentos de crise, todos temos que ser sensatos pero tamén arriscar. Sen traballo e sacrificio non hai nada e non podemos estar agardando a que outros nos solucionen os problemas, tamén nós temos que aportar solucións”, engadiu.

Exit mobile version