O PP quere un Centro de Formación e Cultura da Hostalaría na cidade de Lugo
Nota de Prensa
O GPPP avoga por crear un Centro de Formación e Cultura da Hostalaría en Lugo
Lugo, a 27 de marzo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular instará á Deputación no pleno do vindeiro martes a impulsar e participar na creación dun Centro de Formación e Cultura da Hostalaría na cidade de Lugo.
Os populares indican na súa moción que o sector turístico está a ter cada vez maior peso dentro da economía da provincia de Lugo, e, aínda e a pesares da situación de crise que estamos a vivir, representa sen dúbida unha parte importante do producto interior bruto da provincia. É, ademais, un sector que xenera tamén moitos postos de traballo, pero que precisa dunha adaptación constante debido ás cada vez maiores esixencias ás que debe facer fronte.
Neste contexto e co fin de levar a cabo esa adaptación constante, resulta imprescindible, ó entender do GPPP, a formación dos profesionais do sector, tanto dos que se incorporan sen contar cunha formación específica previa, coma dos profesionais que necesitan reciclarse, polo que está máis que xustificada a posta en marcha dun Centro de Formación e Cultura da Hostalaría.
Un centro que, segundo salientan os populares, o propio sector demanda e no que sería convinte que participara a administración provincial.