Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pregúntalle a Xunta de Galicia cando restablecerá o servizo de autopsias en Burela e Monforte

Nota de Prensa
O PPdeG PREGUNTA POLAS PREVISIÓNS DA XUNTA PARA  O RESTABLECEMENTO DO SERVIZO DE  AUTOPSIAS NOS HOSPITAIS DE BURELA E MONFORTE

·         INICIATIVA PARLAMENTARIA: Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Dámaso Rodríguez López se  interesan no Parlamento  por este servizo que presta o Instituto de Mediciña Legal de Galicia (IMELGA) en colaboración co SERGAS.

·        UNHA SITUACIÓN ANÓMALA: Malia que nun primeiro momento o IMELGA acordou a recuperación da práctica das autopsias nos Hospitais da Costa (Burela) e de Monforte, a carencia de facultativos especialistas en medicina legal e as dificultades para cubrir as vacantes destes postos obrigou a que de novo, na práctica, se centralizase a realización das autopsias en Lugo capital

·        COHERENCIA: O PP que sempre defendeu  a descentralización deste servizo, e que protagonizou na pasada lexislatura unha ofensiva para recuperar  a práctica  de autopsias nos Hospitais  de Burela e Monforte  ante a pretensión do bipartito de centralizalas na  capital  provincial, reclama que se desenvolvan as xestións necesarias para corrixir esta  situación.

REFERENCIA

Á Mesa do Parlamento

José  Manuel Balseiro Orol e Dámaso López Rodríguez deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto nos artigos 98 e 152 do Regulamento da Cámara presenta, ante esa mesa, a seguinte pregunta URXENTE para a súa resposta oral en Comisión.

Xustificación da urxencia

Os múltiples prexuízos asociados á  dilación da práctica de autopsias nos Hospitais da área do Norte e do Sur da provincia lucense obrigan a coñecer as previsións do Goberno  galego ao respecto da recuperación deste servizo.

Unha das principais reivindicacións do Partido Popular de Galicia en relación coa mellora da atención sanitaria na pasada lexislatura foi a recuperación no Hospital da Costa (Burela) e no Hospital de Monforte do servizo de autopsias. O Grupo Parlamentario Popular e, de xeito especial, os deputados asinantes desta iniciativa, insistiron en reiteradas ocasións na importancia de contar con  este servizo en ambos centros hospitalarios evitando  prexuízos innecesarios aos familiares daqueles falecidos que precisaban da practica dun exame forense, unha reivindicación na que cabe insistir por responder ao sentido común e ser de xustiza.

Cómpre subliñar que foi o Partido Popular quen liderou esta petición –fortemente apoiada desde a sociedade civil das comarcas da Mariña e de Monforte- despois de que unha decisión  inxustificable do Goberno bipartito, en abril  de 2006, acordara a centralización da práctica das autopsias nas instalacións que o Instituto Galego de Medicina Legal (IMELGA) posúe na  capital provincial  de tal xeito que,  os  familiares daqueles persoas que falecían  nalgún dos concellos lucenses, e cuxo  cadáver precisa deste tipo  de exames, víanse na obriga de soportar largas esperas que, como media, se sitúan entre as 18 e as 24 horas.

As enormes dilacións na posta a disposición das familias dos cadáveres dos seus seres queridos, motivadas pola necesidade de sometelos a continuos traslados, desde o lugar onde se produciu o deceso ata Lugo, e de alí  ata o lugar onde este previsto realizar o funeral, non servían máis que para incrementar a dor e a angustia das familias afectadas por unha dura perda e dificultan a posibilidade de compartir os derradeiros instantes de despedida previos á inhumación.

Malia que nun primeiro momento o IMELGA acordou a recuperación da práctica das autopsias nos Hospitais da Costa (Burela) e de Monforte, a carencia de facultativos especialistas en medicina legal e as dificultades para cubrir as vacantes destes postos, obrigou a que de novo, na práctica, se centralizase a realización das autopsias en Lugo capital. Conscientes desta situación e obxecto de evitar demoras moi prolongadas, os  responsables do Goberno autonómico actual dotaron ao IMELGA en Lugo dun maior horario, e se veñen practicando autopsias en horario de tarde, a diferenza do que acontecía na pasada lexislatura do bipartito. En todo caso, o que se presentou como unha situación provisional se está a perpetuar no tempo o que aconsella desenvolver as xestións necesarias para corrixir esta situación e acadar o restablecemento do servizo nos Hospitais da Costa (Burela) e Monforte.

É por iso que, o Grupo Parlamentario Popular e, de xeito especial, os deputados asinantes desta iniciativa, formulan as seguintes preguntas:

1.-) ¿Cales son as previsións da Xunta de Galicia para restablecer o servizo de autopsias nos Hospital da Costa (Burela) e no Hospital de Monforte?

Exit mobile version