Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide que se deixe traballar a xustiza no caso do urbanismo de Barreiros

NOTA DE PRENSA
O deputado popular pide que se deixe traballar a xustiza, a cal desde o PPdeG sempre respectarán, e que o voceiro nacionalista non cometa o erro de dictar sentencia antes de tempo, pois nin é xuíz nin aborda obxectivamente os feitos

BALSEIRO DI QUE O ÚNICO QUE TERÁ QUE DAR EXPLICACIÓNS ANTE OS VECIÑOS É ANTÓN VEIGA E OS CONCELLEIROS DO BLOQUE EN BARREIROS

* Lembra que o BNG remitiu unha carta á Xunta bipartita reclamando a paralización do urbanismo neste concello e dando inicio ao conflicto que na actualidade se está a producir.

* Pídelle que deixe traballar á xustiza e non faga xuízos paralelos e trae a colación o caso de Viveiro onde as querelas presentadas pola fiscalía contra o Grupo de Goberno do PP finalmente decaeron.

Santiago, 17 de marzo de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro di que o único que terá que dar explicacións ante os veciños é o Antón Veiga e os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego en Barreiros. Lembra que precisamente esta formación política remitiu unha carta á anterior Xunta bipartita na que reclamaban a paralización do urbanismo neste concello, dando inicio ao conflicto que na actualidade se está a producir. O deputado do PPdeG pide que se deixe traballar á xustiza –á que os populares sempre respectarán- e insiste en que o voceiro nacionalista non debe cometer o erro de dictar sentencia antes de tempo, pois nin é xuíz, nin ten unha opinión obxectiva en relación con esta asunto, salvo a de facer crítica política e xerar xuízos paralelos.

O deputado Balseiro cre que Antón Veiga non é a persoa máis idónea para pedir explicacións a ninguén, pois precisamente quen mellor o coñece, os propios veciños do concello, veñen retirando o apoio ao BNG, formación que el lidera, e que baixou no número de concelleiros nas últimas eleccións municipais.

Balseiro insiste en que hai que respectar en todo momento o funcionamento do sistema xudicial e darlle tempo para que esclareza esta cuestión e realice os pronunciamentos que correspondan en función dos feitos. Lembra ademais que os xuizos paralelos moitas veces non coinciden co resultado final das investigacións xudiciais, como aconteceu en Viveiro onde decaeron todas as querelas presentadas pola fiscalía contra o anterior Grupo de Goberno do Partido Popular.

Exit mobile version