Nota de Prensa
O Partido Popular quere incrementar un 10 por cento a súa militancia en toda a provincia
* Na xuntanza celebrada hoxe para proceder á posta en marcha dunha nova campaña de afiliación valorouse positivamente que no último ano 550 persoas decidiran darse de alta na formación política
Lugo, a 11 de marzo de 2010.- O Partido Popular de Lugo desenvolverá en toda a provincia una nova campaña de afiliación co obxectivo de ampliar a súa base social, pero tamén para actualizar a súa base de datos en aras de manter unha comunicación máis rápida e eficaz con ela.
Para diseñar esta actuación, celebrouse hoxe un Lugo unha xuntanza na que participaron alcaldes, voceiros e presidentes das agrupacións locais, así como o presidente provincial José Manuel Barreiro e o secretario xeral José Manuel Balseiro.
Optimizar os datos dos afiliados, correxindo os erros existentes, e adaptarse escrupulosamente á Lei de protección de datos vixente son outros dos obxectivos emparellados a esta nova campaña de afiliación. Unha base de datos actualizada permitirá á formación mellorar a atención que presta os seus militantes aportándolle información puntual tanto das actividades a desenvolver como da documentación que poida resultar do seu interese. Neste senso apreveitarase ó máximo ás ventaxas que ofrecen as novas tecnoloxías aínda que sen desatender as comuniciacións vía correo tradicional.
O Partido Popular considera a súa base social, segundo indicou Barreiro, a súa maior riqueza, que, en boa parte, explica os resultados das últimas citas electorais: nas municipais de 2007 acadou máis do 42 por cento dos votos emitidos o que lle deu a responsabilidade de goberno en 33 dos 67 concellos; nas xerais do 2008 tivo o respaldo do 44,5% dos lucenses; nas autonómicas do 2009, o 48,5 por cento e nas europeas preto do 54 por cento.
Os populares consideran sin embargo que ese amplo respaldo nas urnas non se corresponde co volumen de afiliación existente e que ascende a 11.849 persoas polo que se intensificará o traballo que se está a desenvolver neste eido co fin de ampliar a militancia ó redor dun dez por cento.
De calquera xeito, no encontro de hoxe valorouse positivamente os resultados acadados neste aspecto no último ano, xa que dende o pasado mes de marzo contabilizáronse 550 novos afiliados. Este incremento no número de altas enmarcouse no propio proceso de renovación das agrupacións locais, dado que un dos obxectivos que se marcan os novos presidentes é precisamente ampliar a base social nos seus respectivos municipios.