Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP demanda a mellora da estrada de San Xusto en Barreiros

NOTA DE PRENSA
O GPPP demanda á Deputación a urxente mellora da estrada de San Xusto, en Barreiros

* Os populares alertan de que o deterioro do firme provocou xa varios accidentes

* Salientan que, en xeral, as estradas provincias neste municipio presentan moitas deficiencias

Barreiros, 1 de marzo de 2010.- O estado das estradas de competencia provincial no concello de Barreiros atópanse, en xeral, en moi mal estado. O alcalde desta localidade Alfonso Fuente Parga fai especial fincapé nas deficiencias que presenta a estrada de San Xusto, a LU 0609, na que, segundo indicou, hai anos na que non se realizan os mínimos traballos de mantemento.

Ante as reiteradas queixas realizadas por Fuente Parga, os deputados provinciais José Manuel Yanes Ginzo e José María González Barcia comprobaron hoxe sobre o terreo que as cunetas están sen limpar e que o firme da calzada está moi deteriorado. As constantes chuvias das últimas semanas contribuiron a empeorar o seu estado o que, segundo salientaron, provocou que se tiveran producido xa algúns accidentes.

O GPPP, en aras de evitar que as deficiencias desta estrada causen males maiores, insta á Deputación a que acometa con urxencia as pertinentes obras de reparación.

Exit mobile version