Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide rigor económico e control do gasto

NOTA DE PRENSA:
Os populares afirman que Remedios López e Lucía Bouza gastaron o doble do previsto en 2009.

Para o PP, “o bipartito leva a marca socialista do despilfarro na frente”.

O PP reitera a petición de rigor económico e control do gasto.

O PP de Burela afirmou hoxe que a política económica do bipartito burelés leva a marca socialista do despilfarro e do derroche na frente, algo que tamén se contaxia ós nacionalistas.

Os populares, que lembraron que a trinta e un de Decembro o concello tiña débedas pendientes de pago en facturas por importe de trescentos millóns das antigas pesetas, entre as que se encontran as pendientes de abono pola recollida e tratamento do lixo que importan noventa millóns de pesetas, aseguraron que practicamente todos os concelleiros fixeron un uso totalmente abusivo do capítulo de gastos diversos durante 2009. Tan abusivo é o uso do capítulo de gastos diversos, que se pode calificar como de despilfarro. De feito, hai informes dos servicios técnicos do concello que afirman que existe unha ausencia total de rigor político no gasto, e que se pagan facturas a empresas sen existencia de contrato previo.

Así, destacaron que a concellería do Mar, da socialista Remedios López, é unha das que máis gasta. Esta concellería comenzou o ano 2009 con dous millóns e medio de pesetas para gastos diversos, pero gastou máis do doble, exactamente cinco millóns oitenta mil pesetas, dos que tén pendiente de pago dous millóns novecentas dúas mil pesetas. Remedios López chegou a realizar actividades “gratis total para os veciños”, pero que supuñeron un custo relativamente importante para o concello.

Outra que gasta dabondo é a responsable de Educación, a socialista Lucía Bouza. Bouza comenzou 2009 cunha partida de cinco millóns duascentas corenta mil pesetas para gastos diversos, pero acabou o ano gastando nove millóns seiscentos setenta mil pesetas, dos que ainda non pagou cinco millóns cen mil pesetas. Por certo, para 2010 esta concelleira tén previsto organizar un Seminario de Jazz que nos vai costar a friolera de dous millóns e medio de pesetas. Non temos nada en contra do Seminario de Jazz, pero entendemos que na situación de crise existente hai que ser moito máis modestos e tentar organizar unha actividade acorde coa situación económica que vivimos.

A xuizo dos populares, todo esto demostra que o bipartito, co alcalde á cabeza, usa os cartos de todos con moita alegría e que os presupostos de 2009 foron papel mollado, porque gastaron moito máis do que realmente se ingresou. O PP é consciente de que debe haber partidas para gastos diversos, pero nos momentos actuais de crise debe primar o rigor económico, cousa que o bipartito non tén, polo que os populares sospeitan de que este ano pode volver a producirse a mesma historia.

Exit mobile version