NOTA DE PRENSA
O PP lamenta que o alcalde “non se aclare en relación co Plano de Ordenación do Litoral”.
Os populares consideran que debe explicar claramente que fixo en Santiago.
Aseguran que Nieves Cando “desinforma descaradamente” sobre o POL.
O PP lamentou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde “non se acalre en relación co Plano de Ordenación do Litoral, POL, porque en Santiago comprometeuse a algo que está en radical oposición ó que aprobou no pleno. Se no pleno votou a favor de pedir a retirada do POL, o que tiña que facer en Santiago era pedir a retidada do POL e irse da reunión, porque ese é o mandato que lle deu o que o bipartito acordou. Pero o alcalde quedouse a negociar coa Xunta, xa que eso é o que se desprende do ‘compromiso’ que o alcalde adquiriu para volver a falar da liña de protección que marca o POL”.
Segundo os populares, o alcalde debe explicar claramente que é o que fixo na reunión, porque o que se sabe sábese pola nota de prensa que emitiu a Xunta. É máis, o alcalde debería convocar un pleno para explicar as xestións ás que se comprometeu, e que tipo de acordos tén previsto acadar.
Polo que se refire á nota de prensa de Nieves Cando, o mellor que pode facer é deixar de enganar e manipular, algo habitual nela, por varias razóns: unha, o PP non calou no pleno, e mesmo dixo que o alcalde debería presentar unha moción na que se detallase claramente as afectacións que o concello estaría disposto a asumir en relación ó POL para sentarse a falar coa Xunta, como están a facer outros concellos, porque non é de recibo pedir a retirada polo mero feito de que lle pete ó Bloque. Dúas, o PP está a facer o que tén que facer, como sempre, e xa mantivo reunións con responsables da Xunta ó respecto; tanto é así que no pleno ofrecímoslle colaboración ó alcalde, e mesmo documentación, para falar de propostas; a resposta de Nieves Cando, ante o silencio do alcalde, foi “non nos fan falla”; sobran as palabras. Tres, hai dous meses que o POL está en poder dos concellos para que presenten suxerencias, e ainda haberá un mes máis; e ainda despois abrirase o plazo de alegacións dos particulares; eso demostra que a Xunta está a darlle publicidade máxima; pois ben, Nieves Cando nega a evidencia, pero esa negación choca bastante co oscurantismo co que se levou desde o concello o plano de Foxo. Catro, non hai ningunha hipoteca sobre Burela; a afectación inicial do POL é en todo caso inferior á dos cincocentos metros, e en próximos días demostraremos que os datos que manexaron o alcalde e Nieves Cando son falsos. Resulta tamén sorprendente que Nieves Cando se preocupe agora polos térreos propiedade do Concello na zona de A Marosa.
Os populares entenden que o bipartito burelés non é quen para defender os intereses de Burela, por varias razóns: unha, chanchullaron documentación oficial en relación ó plan de Foxo e ocultaron información. Dúas, calaron a boca cando o bipartito sacou a normativa dos cincocentos metros, normativa que sí afectaba, e como, a practicamente todo Burela por debaixo da variante. Tres, si o bipartito non é quen de pagar as axudas dos corenta euros en tempo, ¿como poden decirnos que eles defenden Burela?
Finalmente, indicar que os datos que da o BNG deforman totalmente o contido do Plano de Ordenacion do Litoral, e o mais ca informar, desinforman, co que est´´an a enganar ´´a xente.
Os datos reais indican que son 552’55 Has. as que o POL indica que a competencia para ordenalas ´´e do Concello. Son 93’31 Has as que o POL incl´´ue como de protecci´´on medioambiental. Outras 19’25 son as que se destinan a proteccion de corredores fluviais (susceptibles de modificarse) e outras 67’10 Has son as de mellora ambiental e paisax´´istica, que permite edificaci´´nos acordes co medio ambiente. Hai que lembras que o documento non ´´e para nada definitivo, polo que o ´´único que pretende o Bloque ´´e facer ruído, desinformar e crear malestar entre a poboaci´´on.