Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP anuncia que pedirá á Xunta medidas para evitar o derrube da Torre dos Morenos en Ribadeo

Nota de Prensa

Pregunta se a Administración autonómica ten pensado intervir na propiedade do inmoble e cando para evitar o deterioro deste edificio indiano emblemático da Mariña Lucense

O PPDEG SOLICITA Á XUNTA MEDIDAS PARA EVITAR O DERRUBE DA TORRE DOS MORENOS  EN RIBADEO

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2010.- O PPdeG, a través da deputada  Emma Álvarez Chao, ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei na que insta á Xunta de Galicia a levar a cabo cantos trámites e medidas sexan necesarias para evitar que o edificio emblemático de Ribadeo, a Torre dos Morenos, se derrube quedando a Mariña Lucense se un dos seus edificios indiano máis relevantes. O Grupo Popular fai referencia na iniciativa ao estado actual de abandono do edificio e a posibilidade de que se desprendan cornisas, como xa ocorreu nalgún momento e se poden comprobar os cascotes caídos nos últimos anos na rede metálica instalada na fachada, desconchados nas paredes, herbas da balconadas, ferros carcomidos, etc.

A deputada popular súmase na iniciativa á preocupación dende moitos sectores da vila pola falta de atención deste edificio e así presentou unha batería de preguntas á Xunta de Galicia na que demanda información sobre se ten pensado intervir na propiedade deste inmoble, plans de tempos de esta suposta intervención e se ten pensado facer algún tipo de actuación sobre este edificio indiano para evitar o seu desplome. Emma Álvarez Chao  sinala nas súas iniciativas o carácter privado-público do edificio, xa que a súa propiedade está nun 79% en mans privadas e nun 21% en mans do Concello de Ribadeo.

O PPdeG resalta que este é un dos edificios mais representativos de Ribadeo, e por extensión da Mariña lucense, de finais do século XX cando dous irmáns emigrantes en Cuba iniciaron a construción do mesmo, coñecido como a Torre dos Morenos por ser esta o elemento que máis destaca na súa construción. Destaca así mesmo o estilo ecléctico con ornamentacións que apuntan ao modernismo e a concepción, avanzada para a época, polo emprego dunha estrutura mixta de formigón e ferro e que alcanza un alto perfeccionismo en alicatados, solos de mármore, forxas de ferro e cristaleiras. Tamén destaca especialmente a torre cunha pequena cúpula sostida por catro cariátides e techume roxiza de cerámica vidrada.

Exit mobile version