Site icon Crónica3.com A Mariña

O POL considera novas agrupación vivendas centenarias de Godrás, A Venta e o Guincho, asegura o BNG de Cervo

Nota de Prensa

MAIS DE VINTE VIVENDAS DE GODRÁS, A VENTA E O GUINCHO SON CONSIDERADAS POLO POL COMO NOVAS AGRUPACIÓNS CANDO MOITAS DELAS TEÑEN MAIS DE 200 ANOS

A consideración de nova agrupacións para o Plan de Ordenación do Litoral creará  dificultades aos veciños destes núcleos para o seu mantemento, mellora ou novos usos residenciais

O BNG explicará  o xoves no local social de Gondrás os efectos do Plan de Ordenación do litoral

Cervo, 3 de marzo de 2010. O ten previsto un acto público o xoves ás 20.00 hrs. no Local Social da Venta para explicar aos veciños e veciñas de Gondrás, A Venta e O Guioncho os efectos do Plan de Ordenación do Litoral sobre este territorio. Os nacionalistas ven curiosa a definición que establece o POL para este núcleo que a pesar de ser un dos asentamentos poboacionais mais antigos do concello e cualificado polo Plan de Ordenación do Litoral como Nova Agrupación.

A cualificación destes núcleos como Nova Agrupación contradí a realidade urbanística destes asentamentos.

Os nacionalistas cuestionaron a definición de Gondrás, A Venta e O Guioncho como Nova Agrupación, unha definición que para os redactores do POL coincide coa da Urbanización Río Covo que ao contrario da realidade destes núcleos si podería ser considerado así. Para os nacionalistas cervenses “este e un exemplo mais das múltiples contradicións nas que cae o POL, un documento feito á carta nuns casos ou alleo á realidade galega noutros e con múltiples efectos discriminatorios.”

O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, considerou que os residentes nestes núcleos deben coñecer polo miúdo os efectos desta definición xa que de aprobarse nestas condicións tería efectos sobre os seus usos urbanísticos presentes e futuros. Para Estúa “nin Gondrás, nin A Venta, nin O Guincho pode ser considerado como unha nova agrupación residencial, moi ao contrario a maioría dás mais de 20 vivendas destes núcleos forman parte dun asentamento tradicional por moito que o POL diga o contrario.”

Exit mobile version