NOTA DE PRENSA
A deputada popular Emma Álvarez defendeu unha Proposición non de Lei e indicou que “por fin na Mariña de Lugo se construirá un circuíto baixo as condicións técnicas que marca a Real Federación Motociclista Española para os seus campionatos”
O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, A CONSTRUCCIÓN DUN CIRCUITO DE MOTOCROSS NO MONTE PALEIRA NO CONCELLO DE TRABADA (LUGO)
* Para Emma Álvarez “esto vai a ser conquerido gracias ao esforzo dun Goberno popular, a diferencia da oposición que tan só vendeu fume e promesas incumpridas ”
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2010.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, no seo da Comisión Institucional, unha Proposición non de Lei do PPdeG na que insta á Xunta a levar a cabo cantas accións foran necesarias para retomar a construción dun circuíto de MotoCross no monte veciñal en man común Peleira no concello de Trabada (Lugo), baixo as condicións técnicas que marca a Real Federación Motociclista Española para os seus campionatos.
A deputada popular Emma Álvarez defendeu a idoneidade da construción deste circuíto nos terreos cedidos, posto que este monte ten unha boa comunicación por estradas e tería unha boa área de influencia tanto para o norte de Lugo como para o occidente asturianos, xa que nesa zona tampouco existen instalacións similares. Tamén destacou que sería un complemento e un pulo para a dinamización turística do municipio, preparado para o aloxamento de turistas e visitantes nas súas casas rurais e hoteis.
Emma Álvarez señalou que o monte Paleira, na parroquia de Valboa, e que ten o mesmo nome que o Motoclube , é o un lugar axeitado xa que varios dos seus comuneiros son tamén membros do motoclube motivo polo que a comunidade tenta darlle a importancia que ten a función social e recreativa do monte, desenvolvendo tódolos seus recursos baixo o concepto da sustentabilidade e conseguindo así un aproveitamento multifuncional do monte.
A deputada popula indicou que “esto vai a ser conquerido gracias ao esforzo dun Goberno popular, a diferencia da oposición que tan só vendeu fume e promesas incumpridas”. Así fixo referencia ao “desembarque de cargos nacionalistas na anterior lexislatura que se personaron nuns terreos sobrantes de concentración parcelaria “Monte Sante” ubicados baixo dúas liñas eléctricas de transporte de alta tensión e que se trataba dun circuíto clandestino”. “Esto é a mostra da política que acostumaban a facer, venta de fume e prácticas do todo vale para saír na foto, propaganda e mais propaganda aínda que sexa enriba da ilegalidade, a diferencia de todo esto o Grupo Popular impulsa ao Goberno a facer efectivos os proxectos”.