A MARIÑA .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración coa Fundación Obra Social La Caixa organiza “Dándolle a Volta”, unha serie de obradoiros que pretenden facer reflexionar á adolescencia sobre as desigualdades existentes entre homes e mulleres, comeza esta semana no IES Marqués de Sargadelos.
Nota de Prensa
“Dándolle a Volta”, unha serie de obradoiros que pretenden facer reflexionar á adolescencia mariñá sobre as desigualdades existentes entre homes e mulleres, comeza esta semana no IES Marqués de Sargadelos
Este venres comezarán no IES Marqués de Sargadelos, en Cervo, e durante os próximos meses se levará a cabo en distintos centros da Mariña.
“Dándolle a Volta” é un proxecto do Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración coa Fundación Obra Social La Caixa que pretende abordar nos diferentes IES da Mariña as desigualdades existentes entre homes e mulleres na sociedade actual. A campaña está dirixida a alumnado de educación secundaria e bacharelato e o obxectivo principal é favorecer e proporcionar un coñecemento crítico sobre os mecanismos de transmisión de roles e estereotipos na sociedade que nos leven a identificar as causas da violencia de cara as mulleres, os modos nos que se dá e as posibles abordaxes para traballar a súa prevención.
Os obradoiros constan dun total de catro módulos: construción da identidade de xénero, roles e estereotipos sexistas, análise dos medios nos que nos socializamos e violencia nas relacións. Presentarase ao alumnado diverso material sobre os temas para favorecer a reflexión e o debate.
Este venres día 26 terá lugar o primeiro ciclo de obradoiros no IES Marqués de Sargadelos, en Cervo, e nos próximos meses se visitarán diversos centros da Mariña de Lugo.