Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte actua gratis en Burela para recaudar fondos para Haití

BURELA (FNC) .- O xoves 18 de marzo ás nove e media da noite o grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte porá en escea a obra O velorio de Xan do Perolo. Segundo a concelleira de Cultura, Neves Cando, “trátase dunha proposta de actuación gratuita por parte deste grupo que pretende solidariamente recoller fondos para Haití, país asolado polo terremoto ocorrido hai uns dous meses”.

A edil nacionalista  explica que “ésta é a primeira representación solidaria que despois tamén acudirá a Foz e Mondoñedo e despois rematará en Vilaronte. Quero animar a todos os veciños e veciñas de Burela a acudir este xoves ao teatro por esta causa tan xusta de todos e de todas con Haití”.

A entrada é gratuita e no auditorio da Casa da Cultura haberá unha urna para que os asistentes poidan realizar as aportacións económicas que consideren co fin de axudar ao pobo haitiano.

Exit mobile version