Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Cervo prefire seguir as directrices do PP a defender os intereses dos veciños, asegura o BNG

Nota de prensa:
GOBERNO LOCAL PREFIRE SEGUIR AS DIRECTRICES DO PARTIDO QUE DEFENDER OS INTERESES MUNICIPAIS DIANTE DAS AFECTACIÓNS DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL

Ao portavoz do grupo de goberno José Manuel Balseiro faltáronlle argumentos que supliu cunha mala educación indigna dun representante público

O PP trouxo ao pleno unha iniciativa de apoio a un acordo que xa foi aprobado por unanimidade no Congreso dos Deputados en febreiro

Cervo, 26 de marzo de 2010. O BNG cualficou de lamentábel a actitude do portavoz do grupo de goberno, José Manuel Balseiro, no pleno de celebrado na tarde de onte, os nacionalistas cualificaron penosa a actitude dun señor que suple a falla de argumentos con descualificacións persoais de moi mala educación e impropias dun cargo público que está sentado na Mesa da Cámara Galega. Os nacionalistas non entenden que o PP use os plenos de Cervo como correa de transmisión de asuntos que teñen como única intención o apoio ao partido, neste sentido foi ridículo ver como o Sr. Balseiro defendía o apoio da corporación para que autónomos e PEMES non tributen IVE das facturas non cobradas cando esta iniciativa xa foi aprobada por unanimidade o pasado mes de febreiro no Congreso dos Deputados.

Coa excepción do PP todos os grupos entenden que o POL e un documento cheo de erros e alleo á realidade dos asentamentos costeiros galegos.

Para o BNG xa e evidente que o goberno municipal de Cervo prefire atender ás directrices que lles marca o partido que defender os intereses municipais, “neste sentido o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, lembrou que o goberno local primeiro negouse a constituír unha comisión municipal para estudo e valoración do POL, non foi quen de convocar á empresa redactora do PXOM para que explicase a incidencia do POL no documento, non quixo explicar ao veciños as afectacións do POL e agora da por boas as directrices emanadas deste documento a pesar das graves consecuencias que terá para o desenvolvemento urbanístico de moitos núcleos do concello.”

Para Estúa  “os membros do goberno local prefiren gardar as súas poltronas que defender como e a súa obriga os intereses municipais”, neste sentido enmarcou a actitude dos representantes populares que “fai menos dun ano distribuían panfletos incendiarios criticando unha normativa provisional que afectaba aos 500 mts de costa e agora que por riba desa franxa o POL con carácter definitivo afecta en Cervo a 586has. miran cara outro lado”

Para o BNG a Consellaría de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, non demostra ter moito interese en atender as suxerencias que os concellos deberán emitir a principios do mes de maio cando a mediados do mesmo mes xa ten previsto aprobar inicialmente o documento.

A falla de iniciativa do goberno súplea o Sr. Balseiro con mocións tipo, aínda que estean superadas pola realidade

O BNG lamentou que o pleno de Cervo siga sendo utilizado como caixa de resonancia do Partido Popular no canto dun foro onde se discuten os asuntos municipais. Como exemplo  Estúa manifestou a súa estupefacción ao ver como o portavoz municipal do grupo de goberno, José Manuel Balseiro, pedía o apoio da corporación para que autónomos e PEMES non tributen o IVE das facturas non cobradas, cando esta proposta xa foi aprobada no Congreso dos Deputados por unanimidade no pasado mes de febreiro. “O nacionalista cualificou de bochornoso o espectáculo ofrecido onte por Balseiro que acudiu á descualificación persoal diante da falla de argumentos nunha actitude impropia dun representante público que ademais e membro da Mesa do Parlamento Galega”

Exit mobile version