Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Cervo confunde a Casa do Pobo coa casa do PP, indica o PSOE

Nota de Prensa

O EQUIPO DE GOBERNO CONFUNDE A “CASA DO POBO” COA “CASA DO PP”
AS DECLARACIÓNS DE ARMADA E PEDREIRA DEIXAN EN ENTREDITO AO EQUIPO DE GOBERNO DE CERVO

CERVO, 18 DE MARZO. Pilar Armada e Yolanda Pedreira fixeron unhas declaraciósn pouco afortunadas e puxeron de manifesto que a súa labor no equipo de goberno baséase en xustificar os erros amparándose no tan recurrido “a culpa é do outro” e insultar aos veciños que opinan libremente.

Incapaces de pedir perdón

Dende o noso punto de vista, as concelleiras perderon unha oportunidade de ouro para rectificar e pedir perdón; e non pretendemos que sexa públicamente, porque sabemos que iso é case imposible, se non indo a pedirlle disculpas directamente á persoa afectada polo erro municipal e intercambiar impresións. Lonxe de todo isto, adicáron o tempo en tratar de xustificar de novo a súa nefasta actuación neste caso concreto. A día de hoxe a persoa efectada, atópase sen o ramo que o día 7 estaba preparado para ela. Se o equipo de goberno pensaba darllo no acto e non poido ir, ¿a quen se lle entregou dito ramo?.

Lista negra

O equipo de goberno ten o mal costume de segregar maliciosamente aos veciños en función das súas queixas, posto que son incapaces de discernir entre as discrepancias lóxicas que xenera calqueira labor de goberno, e un ataque as políticas do PPIsto é así, porque tal e coma xa dixemos en varias ocasións o equipo de goberno confunde a “Casa do Pobo” coa “Casa do PP” e por iso, neste concello calqueira que opine de forma contraria ao PP, é despreciado automáticamente polo equipo de goberno pasando a formar parte da “Lista negra”.

Con un  equipo de goberno que só  quere boas palabras e palmadiñas nas costas sen admitir críticas nin propostas, non imos a ninguna parte, só ao precipicio.

Exit mobile version