BARREIROS (FNC) .- O teniente de alcalde de Barreiros espera que Guillerme Vázquez, o portavoz nacional do BNG, explique por qué os concelleiros da súa formación enviaron unha carta ao bipartito no ano 2006 para paralizar o urbanismo no concello e por qué a estas alturas ainda non presentaron alternativas.
José Manuel Gómez Puente, asegura que “no equipo de goberno esperamos que o señor Guillerme Vázquez, máximo responsable do BNG en Galicia, veña a explicar en Barreiros por qué os concelleiros desta formación decidiron enviar unha carta ao bipartito da Xunta para paralizar o urbanismo no concello e por qué non votaron a favor dun convenio que reporta un investimento de 14 millons de euros para Barreiros, e por qué a estas alturas ainda non presentaron ningunha alternativa”.
Os populares tamén queren que “lle expliquen á xente todos os postos de traballo que se perderon e as dificultades polas que atravesaron e atravesan moitas empresas gracias á súa intervención e por qué seguen a poñer trabas para retomar o que nunca se debeu paralizar. Consideramos que estamos diante dunha intervención ou dunha actuación política, que o segue a ser, para que non se reactive a economía do noso Concello”.
Gómez Puente desexa que “a xente sepa quen o está a facer ben e quen o está a facer mal”.