Site icon Crónica3.com A Mariña

O GDR acordou axudas para a realización de tres proxectos baixo a financiamento do Leader

MONDOÑEDO .- A Xunta Directiva do GDR da comarca de A Mariña aprobou, ao abeiro do programa Leader 2007-2013, axudas destinadas á construción dunha residencia e un centro ocupacional para persoas dependentes con enfermidade mental en Cervo, á construción dun velatorio na parroquia de Santo Tomé, en Lourenzá e a realización do Mercado do Nadal de Ribadeo.

Nota de Prensa

Mondoñedo, 31 de Marzo de 2010

A XUNTA DIRECTIVA DO GDR APROBA A REALIZACIÓN DE TRES PROXECTOS BAIXO A FINANCIACIÓN DO LEADER.

Na tarde de onte tivo lugar a xuntanza da Xunta directiva da asociación na que se lle deu luz verde a tres proxectos que recibirán axuda do Leader por valor de 245.930,72euros.

A Xunta Directiva aprobou as axudas destinadas á construcción dunha residencia e un centro ocupacional para persoas dependentes con enfermidade mental en Cervo, á construcción dun velatorio na parroquia de Santo Tomé, en Lourenzá e a realización do Mercado do Nadal de Ribadeo.

A residencia, promovida pola Asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña, recibirá unha subvención ao abeiro do Leader que ascenderá a 200.000 euros, aos que se sumarán 36.601,53€ destinados á construcción do velatorio, promovido pola empresa Pousada Multiservicios, S.L. e os 3.758,73€ cuxa finalidade será financiar a realización do Mercado do Nadal de Ribadeo, organizado polo propio Concello de Ribadeo.

Tras esta aprobación os expedientes serán remitidos a AGADER para que se proceda a comunicarlle ao beneficiario a resolución e poida iniciar as inversións ou, no seu caso, a xustificación das mesmas para o cobro da axuda.

Estes son os primeiros proxectos aprobados polo GDR da comarca de A Mariña ao abeiro do programa Leader 2007-2013, que comezou a funcionar a finais do ano pasado.

Nesta mesma xuntanza, tamén se aprobou a participación do GDR en catro proxectos de cooperación. O Proxecto “Salio”, destinado á recuperación dos ríos salmoneiros; o proxecto “Aeródromos no mundo rural” para a utilización dos aeródromos como infraestructuras turísticas; o proxecto “Pequenas accións, grandes repercusións”, no que se realizarán acción encamiñadas á reducción de residuos e o Proxecto “Rede de espazos ambientalmente competitivos II”, no que se levarán a cabo distintas accións para a mellora da competitividade dos territorios asociados á figura “ Reserva da Biosfera”.

Exit mobile version