Site icon Crónica3.com A Mariña

O ex alcalde de Cervo e actual presidente do PP explica as cantidades percibidas de “xeito erróneo”

Nota de Prensa

INSUA DI QUE LARA MÉNDEZ DEMOSTRA A SÚA  “INUTILIDADE” E “NULOS COÑECEMENTOS”  NA XESTIÓN DOS RECURSOS POLÍTICOS E DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

o O ex alcalde e presidente dos populares de Cervo, recórdalle á voceira socialista que a única concelleira presuntamente imputada por un órgano xudicial penal, segundo o que transcendeu nos medios de comunicación, é ela.

Cervo, 13 de marzo de 2010.- O presidente local do Partido Popular e ex alcalde do Concello de Cervo, José Insua, afirmou hoxe que a voceira e cabeza visible dos socialistas locais, Lara Méndez, “non fai máis que demostrar unha inutilidade na xestión dos recursos políticos e un nulo coñecemento do  funcionamento da xestión pública”.

Segundo o máximo máximo responsable da agrupación popular en Cervo,  os “nulos coñecementos” da socialista demóstranse “porque parece ser que non é capaz de entender que as cantidades percibidas por min e pola señora Pilar Armada ás que se refire ela e os seus compañeiros de partido foron debido a erros humanos do servizo de intervención municipal e nunca se abriron dilixencias nin expedientes por estes feitos. Simplemente se solucionaron cando se detectaron os erros”.

Neste senso Insua asegurou que o goberno do PP de Cervo non cobrou un euro sen que fora aprobado polos órganos colexiados. “Si houbera unha advertencia de que podíamos estar cometendo algunha irregularidade, está claro que non íamos aprobalo”.

O ex alcalde e dirixente do PP local botou de menos tamén que os socialistas non digan abertamente as cantidades que foron percibidas de xeito erróneo por el e pola concelleira Armada, “A cantidade total ascende á irrisoria cifra de 107,82 euros e o feito de que non o fagan público amosa a súa mala fe e a súa intención de terxiversar e ensuciar o bo nome dos populares” afirmou Insua.

As cantidades en concreto foron:

o 73,26 euros de indemnizacións á concelleira Pilar Armada (36,63 €) e ao anterior Alcalde , José Insua (36,63 €), que foron aboadas debido a un erro involuntario dos funcionarios do Servizo de Intervención e cuxa cantidade foi reintegrada no momento de detectarse o erro cos correspondentes intereses de demora.

o 34,56 euros percibidos por duplicado polo ex alcalde e que ao igual que no anterior caso, foron devoltos cando se constatou fehacientemente que se debeu a errores administrativos dos servizos de tesourería e Intervención municipal.

“Vista a mareante cifra coa que se escandalizan os socialistas non podemos máis que preguntarnos se acaso o que quería a señora Méndez era que abriramos un expediente de investigación para depurar responsabilidades entre os traballadores municipais. Dende o Partido Popular sempre traballamos con rigor e honestidade, e sabemos distinguir un erro da mala fe. Por iso sempre estivemos e estaremos ao lado dos traballadores municipais deste Concello” recalcou o ex alcalde.

Insua quixo lembrar tamén que a día de hoxe “e mal que lles pese algúns”, a única concelleira presuntamente imputada por un órgano xudicial penal, “segundo o que transcendeu nos medios de comunicación”, é a voceira dos socialistas locais. “Pese a que nós presumimos a súa inocencia e desexamos que se aclaren todas as dúbidas que sobre a súa actuación pesan -porque nos negámonos a facer xuízos de valor- si lles pediríamos que polo menos nin ela nin os seus compañeiros de partido se atrevan a dar leccións a ninguén” dixo.

INUTILIDADE NA XESTIÓN DE RECURSOS POLÍTICOS

O presidente dos populares en Cervo sinalou tamén que Méndez tense caracterizado dende que entrou na política activa e con responsabilidade de goberno na Deputación pola súa “inutilidade” na xestión dos recursos políticos para este concello. “Nestes tres últimos anos os veciños de Cervo son sobradamente coñecedores disto” recalcou o dirixente popular.

Exit mobile version