O martes día 16 de marzo, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal, o escritor Francisco Narla compartirá co Clube de Lectura de Burela a súa novela Los lobos del centeno. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Neves Cando, “neste libro, Narla utiliza meigas, lobishomes, males de ollo ou a Santa Compaña para situar a trama entre o terror e o suspense. A novela está ambientada nun val da Galicia interior no primeiro cuarto do século XX e está protagonizada por un muiñeiro dunha vila pequena que está amenazada por un mal”.