SAN CIBRAO .- A asociación cultural Os Aventados entregará esta fin de semana os premios “Ardelle o eixo” e “Ardelle o carro” que este ano corresponderon ao Conservatorio de Musica de Viveiro e ao denominado “cainismo político” respectivamente, o acordo para a concesión foi por unanimidade.
REFERENCIA
RODA DE PRENSA PREMIOS OS AVENTADOS
A ASOCIACION CULTURAL MARIÑANA “OS AVENTADOS” DEU A COÑECER EN RODA DE PRENSA NO AUDITORIO DO COMPLEXO CULTURAL REGAL XUNQUEIRA-VIVEIRO,OS GALARDONADOS A OS PREMIOS ARDELLE O EIXO E ARDELLE O CARRO 2010.
Ninguen pode decir que non vivimos nunha terra onde se rinde culto os mortos, o simple feito de morrer xa e suficiente para que aqueles que durante a vida che negaron o pan e o sal, se poñan ipso facto a votar salvas e banaglorias do finado. De vivo, nada de nada, de morto a gloria e a posteridade, o exemplo mais flagrante témolo co día das Letras Galegas, o homenaxeado ten que estar morto e ben morto pois ata dez anos despois de finado, cando os vermes deron boa conta das súas carnes non se lle pode adicar o día das Letras Galegas.
Os tempos están cambiando que decía o Dylan e é hora que nesta terra se escomence a falar ben dos vivos mentres estén vivos, desa forma daráselles un pulo para que sigan a facer cousas pola sua aterra, despois de morto peras o burro, de vivo e cando se pode axudar.
Por iso Os Aventados queremos instaurar, ademais da republica, unhos premios anuais co nome de ARDELLE O EIXO para aquelas persoas, animais ou cousas do norte galego que se distinguiran pola sua labor social, política, artística, deportiva, industruial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Tamen. ó mesmo tempo se crean outros premios co nome de ARDELLE O CARRO adicados a aquelas persoas, animais ou cousas do norte galego que se distinguiran o cavo do ano pola sua nefasta xestión no ambito social, político, artístico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Os premios serán en ámbolos casos unhas esculturas de ceramica do compañeiro en argalladas Otero Regal, non levaran consigo ningunha gratificación económica nin lucrativa.
Os premios serán de carácter anual, e para atorgalos todolos socios de OS AVENTADOS poderan propoñer as persoas que creen merecentes dos mismos, con esas propostas un xurado nomeado pola xunta directiva escollera os galardoados de ambalas categorías.
Tamén se atorgara o titulo de AVENTADO DE HONRA a un dos membros de Os Aventados con mais merecemento
O galardón será entregado nunha comiola onde serán convidados os premiados,que se celebrará SÁBADO 27 DE MARZO as (15 horas) no restaurante do Hotel Buenavista de San Ciprián,
A ASOCIACIÓN CULTURAL OS AVENTADOS ACORDOU POR UNANIMIDADE
A CONCESIÓN DO PREMIO “ARDELLE O EIXO” AO:
CONSERVATORIO DE MUSICA DE VIVEIRO
A DEFINICION DE conservatorio de música: Establecimento no que se ensina música e outras artes relacionadas con ela. ESO E MOITO MAIS E O conservatorio de música de Viveiro, HERDEIRO ADEMAIS DA CENTENARIA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA E DA SUA BANDA DE MUSICA DE VIVEIRO.
O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro é un centro de ensinanza de titularidade pública dependiente do Concello de Viveiro, con validez académica oficial.
El edificio está situado no centro de Viveiro cara a ría e o paseo marítimo onde se encontran os xardins de Noriega Varela.O acceso ó edificio realízase pola Avenida da Mariña, estando ben comunicado con todo o seu entorno. Os niveis educativos que se imparten neste conservatorio son os seguintes:
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Grado Elemental LOXSE. Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Grado Medio LOXSE. Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Plan del 66 ( a extinguir).
As especialidades instrumentais que se ofertan no Centro son: Acordeón, canto, clarinete, contrabaixo, flauta, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola, violin, violonchelo.
Co fin de mellorar as actividades e a calidade da ensinanza musical en todalas suas acepcións contase coas seguintes agrupaciones musicales:
* Grupos de corda.
* Grupos de metal.
* Grupos de vento-madeira.
* Orquesta de Jazz.
* Agrupación de pulso e puga.
* Big-Band.
* Coro
* Grupo de Acordeons.
Organizanse actuacions en datas determinadas, como Nadal, Entroido, Semana Santa ou Fin de Curso, ademais de audicions ó largo do curso e asistencia a conciertos de alto nivel co obxectivo de formar músicos que comprendan a universalidade e desarrollo musical no mundo, desde os principios ata os sistemas musicais mais modernos.
O persoal laboral do conservatorio conta na actualidade con dezaseis profesores, unha secretaria administrativa e un conserxe.
Un 77% do alumnado pertence á localidade de Viveiro, sendo o resto dunha extensa área xeografica que vai desde Ribadeo ata Ferrol.
A ASOCIACIÓN CULTURAL OS AVENTADOS ACORDOU POR UNANIMIDADE A CONCESIÓN DO PREMIO “ARDELLE O CARRO” AO:
CAINISMO POLITICO
Definido como: Actitude vengativa contra os propios familiares, compatriotas ou amigos:
Prescindir da xente válida e deixala tirada no camiño converteuse no auténtico deporte da política en A MARIÑA. Non hai partido que ao achegarse uns comicios non desperdicie unha parte do seu capital humano por vendetas orgánicas que tanto confunden ao elector e, a longo prazo, tanto dano fan á propia organización. Temos exe. Este ano levouse a palma o PP de Viveiro, Ribadeo, Foz…., aínda que o PSOE tamén fixo méritos a estallo e o mesmo sucede no BNG. Donde a UPG segue a gardar o timon con vento e marea. Non se trata de debuxar aos arrumbados como heroes, os partidos políticos están máis que necesitados de persoas con proxección e con nome propio. Xentes traballadoras, con coñecementos cultura e bon facer e que proxecten ó exterior unha militancia popular moderna e renovadora.
Sen embargo prefierese a xente mansa, con poucos escrupulos e que saiban doblar a rodilliña ante o “lider” de turno, cando non trasfugas e chaqueteiros do cal temos unha boa colleita entre Tiros eTroianos nesta MARIÑA NORDESIA.