Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo programa deportes, teatro, xogos e contacontos para Semana Santa

RIBADEO (FNC) .- As Concellarías de Cultura, Xuventude e Deportes coa colaboración da Vicepresidencia Terceira da Deputación de Lugo organizan diversas actividades para os nenos do 29 ao 31 de marzo. Haberá teatro, xogos, deportes e contacontos. Os interesados poden pedir información e inscribirse na OMIX, ubicada no auditorio municipal.

O luns 29 de marzo na biblioteca municipal a cita será coas Letras Vivas de Pablísimo que deleitará aos presentes con Os contos de Pablísimo, a partires das cinco e media da tarde.

O martes 30 de marzo terá lugar unha xornada recreativa na que haberá xogos populares, hinchables, xinkanas deportivas, batuka, xogos para os máis pequenos.. Será de 16:30 a 19:30 horas no parque de San Francisco (se a climatoloxía non é favorable a actividade trasladaríase ao pavillón municipal).

O 31 de marzo haberá teatro para o público familiar coa obra Menos lobos de Talía Teatro. Será ás cinco e media da tarde no auditorio municipal.

Os amantes do deporte con idades comprendidas entre os 7 e os 13 anos disfrutarán en Ribadeo os días 29, 30 y 31 de baloncesto, fútbol e tenis de mesa. Será os tres días de 11 a 13 horas no pavillón municipal.

Exit mobile version