Nota de Prensa
O CONCELLO OUTORGA PRETO DE 21.000 EUROS EN AXUDAS DESTINADAS Á EDUCACIÓN
Cervo, 15 de marzo de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, fixeron hoxe entrega de diversas axudas económicas de carácter educativo e escolar por valor de 20.815 euros procedentes dos fondos municipais.
En concreto, as subvencións materializadas hoxe son as referidas a:
o Axudas para os gastos de transporte para os alumnos do municipio que cursan estudos en Centros de Educación Secundaria na comarca da Mariña en ciclos educativos que non se imparten no Instituto Marqués de Sargadelos, onde se entregaron un total de 4 axudas por un importe de 600 euros.
o Axudas para o fomento de actividades educativas, culturais e recreativas realizadas durante o ano 2009 polas asociacións de Nais e Pais e tamén polos centros educativos do Concello. Por este concepto o Concello abonou 6.215 euros.
o Subvención 14.000 euros á ANPA do CEIP Cervo Número 1 para o funcionamento do Comedor Escolar deste centro e que está sendo xestionado pola propia asociación de pais e nais.
Neste apartado o alcalde de Cervo quixo puntualizar que a axuda outorgada á ANPA do colexio de San Ciprián para o mantemento do servizo do comedor escolar ven motivada co obxecto de axudar a conciliar a vida laboral e familiar de todas as familias do municipio con fillos en idade escolar en ámbolos dous centros “de xeito semellante”.
“O decreto da Consellería de Educación que rexe o funcionamento dos comedores escolares fai que o colexio de Cervo dispoña deste servizo subvencionado pola Xunta de Galicia; mentres que en San Ciprián o comedor ten que ser financiado polos pais, ao non ter dereito a dispor deste servizo con cargo á administración autonómica. En base a isto, acordamos conceder esta axuda económica e deste xeito axudar na medida do posible ao custe que supón este servizo para as familias” sinalou Villares, quen asegurou que Cervo é o único Concello da Mariña que ten habilitada unha liña de axudas coma esta, “destinada ao mantemento dun servizo tan imprescindible para a comunidade escolar de San Ciprián coma é un comedor escolar”.
MÁIS DE 60.000 EUROS AO ANO
Pola súa banda, a concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, cualificou a Cervo coma un dos concellos pioneiros en materia de axudas de carácter educativo. “Dende o Concello estáse a investir máis de 60.000 euros ao ano en axudas relacionadas co mundo educativo. Hai aproximadamente un mes fillemos entrega tamén das axudas para a compra de libros e material escolar para os alumnos de Educación Infantil cunha contía de máis de 3.300 euros, e ademais, hai que engadir tamén os soldos dos conserxes que ten contratado o Concello para dar servizo aos dous centros educativos de ensino obrigatorio e que anualmente supoñen un gasto para o Concello de 36.137 euros. ” lembrou Pedreira.
“Tendo en conta que somos un concello pequeno, con apenas 400 alumnos matriculados en ensinanzas non universitarias estou convencida de que Cervo é o concello da Mariña que máis recursos económicos propios destina porcentualemente para este fin, e todo porque dende o Grupo de Goberno local sempre apostamos pola Educación como motor principal do futuro do noso municipio” recalcou Perdreira.
P.D: A continuación remitimos un balance coa relación de axudas concedidas polo Concello de Cervo en materia educativa e procedentes dos fondos municipais.
CURSO ESCOLAR 2009-2010
Axudas para a adquisición de libros e material escolar de alumnos de Educación Infantil (2º ciclo) do Concello de Cervo
-
Alumnos/as matriculados en Educación Infantil CEIP Cervo 32 CEIP Cervo Nº 1 48 TOTAL 80
-
Solicitudes de Axudas CEIP Cervo CEIP Cervo Nº1 TOTAL Nº Familias 21 18 39 Nº Alumnos 21 21 42
-
Axudas Denegadas CEIP Cervo CEIP Cervo Nº1 TOTAL Nº Motivo Nº Motivo Nº Motivo Nº Familias 6 3 por superar o límite de renda 1 Superar o límite de renda 7 4 por superar o límite de renda 3 por non cumprir a requisito de empadroamento 3 por non cumprir o requisito de empadroamento Nº Alumnos 6 3 por superar o límite de renda 1 Superar o límite de renda 7 4 por superar o límite de renda 3 por non cumprir o requisito de empadroamento 3 por non cumprir o requisito de empadroamento
-
Axudas Concedidas CEIP Cervo CEIP Cervo Nº1 TOTAL Nº Familias 15 17 39 Nº Alumnos 15 20 42 GASTO (€) 1.298,40 2.037,10 3.335,50
As contías concedidas varían dos 122 euros aos 77,5. As axudas estaban establecidas nuns topes de 100 e 150 euros, segundo o nivel de renda.
Axudas de Transporte Escolar para alumnos do concello que cursan
estudos en Centros de Educación Secundaria na Mariña en modalidades
que non se imparten no IES Marqués de Sargadelos
(estas axudas convócanse a finais de curso)
-
Axudas Concedidas (Curso 2008-2009) Solicitudes Presentadas 6 Solicitudes pendentes de achegar documentación 1 Solicitudes denegadas 1 Motivo Non estudar nun centro educativo da Mariña Axudas Concedidas 4 Contía TOTAL 150 € cada unha 600,00 €
Outras axudas para o Transporte Escolar
O Concello de Cervo financia o transporte aos alumnos do IES Marqués de Sargadelos
para asistir aos enxamees de selectividade en Viveiro (convocatorias de xuño e setembro)
-
Concepto Importe Transporte selectividade convocatorias de xuño e setembro 1.262,34 €
Axudas ao fomento de actividades educativas, culturais e recreativas
(realizadas durante o ano 2009 e aboadas no presente exercicio)
-
Asociacións de Nais e Pais ANPA Centro Importe (€) CEIP Cervo 1,215,15 CEIP Cervo Nº1 1.250,00 IES Marqués de Sargadelos 1.250,00 TOTAL 3715,15
-
Centros Educativos Centro Importe (€) CEIP Cervo 1.250,00 CEIP Cervo Nº1 0,00 IES Marqués de Sargadelos 1.250,00 TOTAL 2.500,00
-
ANPA Centro Importe CEIP Cervo 0,00 CEIP Cervo Nº1 14.000,00 TOTAL 14.000,00
(*)= Ao tratarse dun centro que acolle a nenos e nenas da zona rural e por non dispoñer de transporte escolar ao mediodía, o colexio de Cervo ten un servizo de comedor financiado pola Xunta de Galicia. Isto non ocorre no de San Ciprián que, segundo o decreto da Xunta nesta materia, non ten dereito a comedor escolar por ter servizo de transporte ao mediodía. En base a isto, dende o Concello quíxose facer un esforzo para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e acordouse conceder esta axuda económica aos responsables da xestión do comedor do colexio de San Ciprián.
Gastos en Conserxes
-
Centro Importe (€) CEIP Cervo 16.273,08 CEIP Cervo Nº1 19.864,44 TOTAL 36.137,52
RESUMO
-
Tipo de axudas / Concepto Importe (€) Axudas compra libros /material escolar 3.335,50 € Axudas ao transporte 600,00 € Subvención transporte Selectividade 1.262,34 € Axudas ANPAS 3.715,15 € Axudas aos Centros Educativos 2.500,00 € Subvención Comedor Escolar CEIP Cervo Nº1 14.000,00 € Gastos Conserxes 36.137,52 € TOTAL 61.550,51 €