Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela recollerá as demandas das asociacións locais que traballan no ámbito da saúde

BURELA (FNC) .-  A concelleira de Sanidade, Sonia Fraga, realizou unha valoración moi positiva do encontro que onte mantivo coas asociacións que traballan no ámbito da sanidade en Burela.

A edil socialista explicou que “nesta primeira xuntanza expliquéilles a intención do encontro para que eles mesmos expresaran as demandas e necesidades que teñen a día de hoxe como asociacións”. Sonia Fraga engadiu que “imos elaborar un documento no que queden reflectidas as súas inquedanzas e demandas e logo convocaremos unha segunda xuntanza. Ademáis desde o Concello e desde a Delegación de Sanidade queremos colaborar e participar nas actividades que organizan estes colectivos e así buscar un obxectivo claro por parte da administración para servir de canle de unión entre os colectivos de xente que forma o noso pobo, e para traballar tamén conxuntamente na prevención da saúde no noso concello”.

A concelleira de Sanidade e o alcalde, Alfredo Llano, convidáronos “a participar nas actividades que se organicen desde a área de Sanidade e no resto da programación do Concello”.

Exit mobile version