BURELA (FNC) .- A Delegación de Educación e Medio Ambiente de Burela fixo entrega dos premios do III Certame de Nadal Propostas para Mellorar o Medio Ambiente. Na modalidade de debuxo a gañadora foi Fabiola Tuñas Río, de catro anos, que recibiu un lote de materiais para pintar, debuxar, e facer manualidades en xeral. En fotografía, na categoría de 6 e 8 anos, o gañador foi Delio Otero Romo e na categoría de 9 e 11 anos, a gañadora foi Katia Sofía Daveiga Gómez. Na variante de relato curto, na categoría de 6 e 8 anos o gañador foi de novo Delio Otero Romo e na categoría de 9 e 11 anos, a gañadora foi Irene Rico Gómez. Segundo a concelleira socialista Lucía Bouza “estes catro premiados recibiron cadansúa cámara de fotos dixital. Unha vez entregados os premios, todos os participantes do Certame recibiron un lote de libros e participaron no sorteo dunha consola Wii, que foi para Adrián Ben”.
Condución eficiente
Bouza lembra que “os días 12 e 13 do presente mes de marzo realizaremos en colaboración coa Fundación Sotavento un curso de condución eficiente cuxa matrícula é gratuíta. Neste curso todos podemos aprender a conducir dun xeito máis eficiente, o que conleva un aforro de combustible e unha diminución na emisión de CO 2 á atmósfera”. A inscrición pode realizarse na Oficina Municipal de Medio Ambiente, situada nas dependencias da Fundación Expomar ou ben a través do teléfono 982 58 08 67, en horario de oitod a mañá a tres da tarde.