BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, ven de anunciar a creación dunha comisión promotora do plan de pensións do Concello “na que estarán presentes representantes do Concello e dos sindicatos. Esa comisión decidirá un pouco que é o que se vai facer ou plan de pensións ou seguro de xubilación, dependerá un pouco de cómo se vaian vendo as cousas”.
Éste foi un dos asuntos abordados pola mesa de negociación de Concello na xuntanza mantida nas últimas horas “na que tamén falamos da variación de horarios que poderán sofrir algúns departamentos en funcións das necesidades do servizo. Serán: Policía Local, Grumir, Protección Civil, Casa da Xuventude, Biblioteca, Aula Gaia, pavillóns polideportivos, comedor, servizos especiais de Obras e tamén a Escola de Música”, segueu a relatar o rexedor.
Llano manifestou que “tamén estiveron con nós nesa xuntanza os técnicos que están a elaborar a RPT para que desen unha explicación clara e concisa aos representantes sindicais. A partir de agora pónse en marcha un plan de actuación que consistirá en reunións ou enquisas cos traballadores para coñecer detalles sobre os seus postos e sobre a labor que están a realizar. Calculamos que esta fase poida dar comenzo a vindeira semana, máis ou menos”.