BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros asegura que a situación económica do Concello é boa e salienta que non teñen contraidos préstamos con entidades financieiras.
A Alfonso Fuente parécelle sorprendente “a noticia do BNG de que agora se dan contan de que os contenciosos administrativos empeoran a situación económica do Concello, non se deron conta cando decidiron enviar aquela famosa carta, que queren olvidar os concelleiros do Bloque, pero que o propio Guillerme Vázquez refrendaba esto esta semana cando recoñecía que foron eles os que denunciaron a situación e agora lles soprende que se produzcan eses gastos. Eu creo que o terían que pensar antes, terían que pensar que esto se podía dar e nós desde o PP o que temos que decir é que esta situación é normal, hai que facer frente aos contenciosos e se vai seguir para adiante”.
O rexedor engade “sobre a sorpresa que lle causa ao BNG que o Concello teña que ir a préstamos para sair adiante, eu diríalles que miren os presupostos doutros Concellos, incluso os gobernados polo BNG, e que miren as partidas de préstamos, porque o de Barreiros ten a día de hoxe 0 euros de préstamos con entidades financieiras, entón deberían mirar máis para adentro da súa casa e máis que criticarpara os de fora”.
Fuente Parga suliña que “a situación económica do Concello de Barreiros é boa dentro do que se está a vivir a día de hoxe”.