No concurso de poesía que foi organizado polo departamento de Servizos Sociais coa colaboración das Concellerías de Servizos Sociais e Muller participaron os nenos dos CEIP de San Cosme e San Miguel de cuarto, quinto e sexto de primaria.
En 4º o primeiro premio foi para Uxía Fernández Vázquez do CEIP San Cosme e o segundo para Lorena Fernández Alonso tamén do CEIP San Cosme.
En 5º o primeiro premio correspondéulle a Sabela Rodríguez Fernández do CEIP San Miguel e o 2º foi para Aitor Palacios González so CEIP San Miguel.
E en 6º o primeiro premio foi para Rosa Antía Villarino Fernández do CEIP San Miguel e o 2º para Víctor Hugo de Moraes tamén do CEIP San Miguel.
O xurado premiou os traballos que mellor reflexaron nos seus traballos a loita social da muller polos seus dereitos, pola súa participación en igualdade co home na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.