Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros conmemora o “Día internacional da muller traballadora” cun certame de poesía

BARREIROS (FNC) .- O Concello conmemora o día internacional da muller traballadora cun certame de poesías dirixido aos alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria dos CEIP do municipio (CEIP de San Cosme e CEIP de San Miguel).

O certame, organizado polo departamento de Servizos Sociais, ten como lema A miña nai, muller traballadora. Premiaránse aquelas poesías que mellor reflictan a loita social da muller polos seus dereitos, pola súa participación en igualdade co home na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

Segundo informan o alcalde, Alfonso Fuente, “haberá un primeiro premio e un segundo para cada curso e os traballos serán valorados por un xurado. Cada alumno realizará unha poesía de xeito individual e deberá ir asinada cun pseudónimo nun sobre pechado. Noutro sobre, que se anexará ao principal, figurarán ese pseudónimo e o nome do alumno participante”.

O prazo para a presentación das poesías rematará o vindeiro mércores 10 de marzo.

Exit mobile version