Site icon Crónica3.com A Mariña

O C.B. Xove perdeu en Santiago e o Celtas-Primera Calidad en Sarria

Encontro Xove-Celtas da pasada liga (foto: Miguel Fraga)

FOZ/XOVE (MFO) .- O Celtas-Primera Calidad sufriu unha contundente derrota na súa visita a Sarria, por 81 puntos a 49. Pola súa banda o Xove estivo a piques de levarse a vitoria en Santiago (78 – 73) pero a Peleteiro xogou un mellor final de partido.
O C. B. Xove xogou un bo partido este sábado fronte ao segundo clasificado, e durante moitos minutos foi por diante no marcador. Pero un mal terceiro cuarto puxo de cara o partido para o Peleteiro que ao final venceu aos mariñáns por so cinco puntos.
Polo C. B. Xove xogaron: Juan María (32), Álvaro (4), Aitor (10), Ángel (5), Andrés (6) – Fernando (8), Alcalde (8), Javi e Eugenio.
O Celtas-Primera Calidad veuse superado claramente polo C. B. Sarria e en ningún momento foi rival para o equipo local. A pesar da contundencia do marcador os de Foz non nunca lle perderon a cara ao partido e loitárono ata o final.

Exit mobile version