XOVE / FOZ (MFO) .- Xove e Celtas disputaron este venres un dos varios partidos aprazados durante a tempada. A sorte foi desigual pois os xovenses puideron levarse a vitoria na difícil pista do Discoteca Troco Vilalba mentres os focenses non tiveron nada que facer na visita do líder á Mariña.
O C. B. Xove xa encarrilou o partido no primeiro cuarto pois endosoulle un espectacular 8 a 24 aos chairegos. Os locais intentaron reaccionar pero os de Xove souberon aguantar e levarse finalmente o partido por 57 a 74. Polo C. B. Xove xogaron: Juan María (25), Aitor (2), Ángel (15), Andres (9), Álvaro (4) – Javi (4), Fernando (8), Alcalde (4), David, Eugenio e Borja.
O Celtas-Primera Calidad non foi rival suficiente para o C. B. Vigo AM, lider da competición, e xa dende o inicio as diferencias quedaron marcadas. O resultado final foi 58 a 84 o cal reflexa a diferencia entre líder e colista. Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Sama (10), Humberto (19), Miguel (7), Manolo (19), Manuel – Lucas (1), Eduardo, Adrián e Ángel.
Este sábado o Celtas viaxa a Sarria e o Xove a Santiago para enfrontarse ao Peleteiro.