Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide que o PP se pronuncie sobre a querela presentada pola fiscalía contra a xunta de goberno de Barreiros

Nota de Prensa

O BNG PIDELLE AO PP COMARCAL E PROVINCIAL UN PRONUNCIAMENTO SOBRE A QUERELA PLANTEXADA POLA FISCALÍA CONTRA A XUNTA DE GOBERNO DE BARREIROS HAI UNS DÍAS. ANTONIO VEIGA LEMBRA QUE O BNG LLE ADVERTIU EN MOITAS OCASIÓNS A ALFONSO FUENTE O QUE ESTABA A FACER AO CONCEDER ESAS LICENCIAS.

Barreiros, 16 de marzo de 2010. O BNG pídelle ao PP comarcal e provincial un pronunciamento sobre a querela plantexada pola fiscalía contra a xunta de goberno de Barreiros. O seu portavoz lembra que o BNG lle advertiu en moitas ocasións a Alfonso Fuente o que estaba a facer ao conceder esas licencias.

Antonio Veiga sinala que “Alfonso Fuente coas suas declaracións públicas e a súa actitude intenta desviar a atención, algo que xa fixo no 2006, cando ocorreu a suspensión das normas, que dicía que aquelo era unha persecución. Agora, no 2010, tamén fala de non sei qué trama urdida por algún director da Axencia da Legalidade Urbanística, que cesaron en días pasados e que agora saca esto á luz pública. Esto é para desviar a atención para outro lado”.

O portavoz do BNG considera que “é bastante contradictorio que a Xunta pola vía dos feitos deste convenio que outros aprobaron o pasado martes vai darlle cobertura legal a 5.800 vivendas, das cales 3.714 (prácticamente o 70 por cento) están denunciadas na fiscalía por seren mal concedidas esas licencias, foron dadas en contra dos informes xurídicos que recomendaban facer moitas correcións neses proxectos antes de dar as licencias e non foi feito así, triplicando edificabilidades, sin accesos rodados, o que todos sabemos respecto do que ocurriu no ano 2006”.

Os nacionalistas din que “é curioso que incluso a propia Consellería no convenio asinado, na parte expositiva, recoñeza que Barreiros non contaba cos servizos necesarios para facer esas urbanizacións, como tamén dicía o anterior goberno autonómico e tamén os informes xurídicos do Concello feitos pola secretaria municipal. Polo tanto, pensamos que a actitude de Alfonso Fuente é como a daquel condutor que vai pola autopista en dirección prohibida e todos os coches veñen de frente e pensa que é ao revés, que son os demáis os que están errados, os que van en dirección contraria. Cada vez está máis claro que quen foi por dirección prohibida e quen nos levou a unha catástrofe foi Alfonso Fuente Parga”.

Veiga Outeiro lembrou que “os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego en Barreiros durante o ano 2006 cada vez que había un pleno onde se trataban temas urbanísticos lles advertíamos aos membros da xunta de goberno do que estaban a facer cos votos favorables a esas concesións de licencias en contra dos informes xurídicos. Estaban advertidos tanto pola secretaria coma polos grupos da oposición”.

Ao BNG chámalle a atención que “o alcalde pida agora celeridade á xustiza. Nós respectaremos os tempos da xustiza. Agora parece que lle entrou a presa a Alfonso Fuente, porque este asunto ten que queimar bastante. Pero eso é por un rosario de irregularidades amparadas polo alcalde durante todos estes anos, que ademáis recibiu os beneplácitos da cúpula comarcal e provincial do PP: o dia 2 de decembro de 2006 ás doce da maña estaban convocados diante do Concello todos os mandos do Partido Popular da comarca e da provincia refrendando a actuación urbanística levada a cabo por Alfonso Fuente, esa actuación urbanística que agora é denunciada pola Fiscalía”.

Antonio Veiga cre que os máximos mandatarios do PP na provincia de Lugo teñen que falar do que acontece en Barreiros, “polo tanto será agora o Partido Popular, que está escondido, o que teña que falar outra vez e decir qué opina desa imputación dese alcalde e desa xunta de goberno que eles viñeron a apoiar o 2 de decembro de 2006. O PP terá que pronunciarse ao respeto”.

Exit mobile version