Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide a retirada do POL polos efectos negativos para o desenvolvemento urbanístico de Cervo

Nota de Prensa
O BNG PIDE NUNHA MOCIÓN A RETIRADA DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL POLOS SEUS EFECTOS NEGATIVOS PARA O DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO DE CERVO

Os nacionalistas consideran o documento contraditorio e discriminatorio tanto en relación aos núcleos de asentamento tradicional do concello como coas determinacións fixadas no futuro PXOM de Cervo

As afectacións do POL en Cervo por riba da franxa do 500 mts da costa rozan as 600has., 370 has. en zona de protección das que 120 poderían considerarse urbanizabeis e hai 150 construcións que poden quedar fora de ordenación

Cervo, 24 de marzo de 2010. O Pleno da Corporación municipal debaterá mañá xoves unha moción nacionalista na que se insta á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas á retirada do Plan de Ordenación do Litoral. Os nacionalistas consideran que a redacción do POL e contraditoria, pobre e discriminatoria, ademais de contravir as disposición fixadas pola Lei 9/2002. O POL vai supor un mazazo para o desenvolvemento de moitos núcleos do concello ao non permitir a súa consolidación e deixar fora de ordenación unhas 200 construcións.

Calculan e mais de 200 as edificacións afectadas que poderían quedar fora de ordenación

Para o BNG son un “despropósito” as determinacións contidas no Plan de Ordenación do Litoral na súa afectación ao concello de Cervo. De acordo co disposto neste documento, 1.206ha de solo estarán sometidas a diferentes graos de protección, destacando que 586ha están por riba da franxa dos 500 metros da costa; o portavoz nacionalista, Xoán Antón Estúa, “preguntouse onde están os discursos catastrofistas do PP xa que agora non estamos diante dunha normativa provisional, senón dunha  norma marco a que haberá que adaptarse.” Os nacionalistas informaron da existencia de 370ha. de solo de protección , das que 120 poderían considerarse como solo urbano non consolidado que non vai permitir ningún uso residencial.

Os nacionalistas informaron que a área determinada polo POL para Mellora Paisaxística e Medio Ambiental(MAP), afecta no concello de Cervo a 304ha. nas que agás excepcións, non están permitidos usos residenciais. Incluíndose nesta franxa zonas de Figueirido, Lieiro, Baltar,  Cuiña, Rueta, Madeiro ou Fontao; ademais O Guioncho, e A Venta quedan fora de ordenación ao quedar incluídos na zona de protección de río co que o número de construcións afectadas pode chegar ás 200.

Críticas ao goberno local por non querer constituír a Comisión de Estudo do POL e non pedir informes sobre a súa afectación no PXOM

Por último os nacionalistas criticaron a negativa do goberno local a constituír unha comisión de valoración do POL que foi solicitada mediante unha moción no pleno celebrado o pasado mes de febreiro, para Estúa “o PP equivócase pensando que o POL e defendíbel só porque quen goberna e o seu partido, ao igual que se equivocaba antes cando dicía que o decreto dos 500 mts.  hipotecaba a costa”, neste sentido,  foi moi crítico co goberno municipal “que deixa na indefensión aos veciños e veciñas que viven nos núcleos afectados”. O BNG ademais cuestionou o proceder da alcaldía que tampouco quixo convocar á empresa redactora do PXOM para que informaran sobre as afectacións que o POL ten sobre o PXOM, “ o PP quere pasar de puntiñas polo POL e non lle importa os efectos contrarios que este teña sobre o desenvolvemento urbanístico municipal, rematou Xoán Estúa.”

Exit mobile version